NOTA DE PRENSA
As empresas galegas de software libre colaboran coa Xunta para mellorar o proxecto Abalar e que os alumnos galegos de 11 a 14 anos dispoñan dun ordenador nas aulas
Agasol asina un convenio de colaboración coa Consellería de Educación e Ordenación Universitaria para introducir melloras nos ordenadores portátiles que manexan nos centros educativos mestres e alumnos
Colabora ademáis na formación dos docentes para que teñan ferramentas para impartir unha clase empregando correctamente os recursos dixitais
(22-xuño 2011) A Asociación Galega de Empresas de Software Libre (AGASOL) traballa na mellora e optimización do proxecto Abalar, unha iniciativa da Xunta de Galicia que propiciará que a partir do próximo curso os alumnos galegos de entre 11 y 14 años (de 5º de Primaria a 2ª de Secundaria) dispoñan de ordenador nas aulas.
O colectivo empresarial, integrado por máis dunha trintena de compañías galegas, asinou un convenio de colaboración coa Consellería de Educación e Ordenación Universitaria para renovar o software dos equipos suxeitos ao proxecto, que busca a integración das novas tecnoloxías da información e a comunicación e está a ser desenvolvido pola Xunta de Galicia a través da Consellería que dirixe Jesús Vázquez e a Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica.
Agasol encárgase de mellorar os equipos informáticos que empregan nas aulas alumnos e profesores mediante unha maqueta de software libre máis operativa que a que tiñan ata agora e cun perfil único para todos os usuarios, o que fai que o acceso aos ordenadores sexa máis doado. “É salientable a aposta da Xunta por uns equipos que teñen como base o software libre, perfectamente integrados no entorno escolar e que prestan todas as garantías educativas, tanto a nivel técnico como funcional”, apunta o xerente da asociación, Luis Alberto Fernández.
No período 2009-2013 o proxecto Abalar ten como obxectivo achegar as TIC a máis de 1.000 centros de ensino de Educación Primaria e ESO e 87.000 alumnos, ademais de 15.000 docentes que recibirán formación específica para o uso das novas tecnoloxías na súa práctica diaria. Antes de que comece o curso próximo Agasol terá rematada a primeira fase de adaptación de 14.800 ordenadores que no curso 2011-2012 chegarán a ser 31.500. A rede duplica o número de aulas informatizadas coa entrada en novos centros mediante a extensión da área de actuación a 6º de primaria e 2º da ESO que se suman a 5º e 1º de cada ciclo.
Actividades de formación
Outro dos cometidos de Agasol céntrase na colaboración nas iniciativas formativas dirixidas a alumnos, profesores e pais. Así, organízanse actividades de formación técnica que lles permita aos docentes mellorar no uso das tecnoloxías nas aulas con exemplos prácticos de cómo impartir unha clase empregando os recursos dixitais. A Asociación de Empresas Galegas de Software Libre encargase de elaborar parte de ese material divulgativo.
Agasol participa ademais no Plan Navega con Rumbo, dentro do proxecto Abalar, a través da posta en marcha dunhas xornadas divulgativas destinadas a docentes, pais e nais para que coñezan o espazo Abalar e reciban formación sobre os contidos dixitais do proxecto para contribuir a facer dos colexios e institutos galegos Centros Educativos Dixitais.
Renovación da web da Consellería
Ademais de colaborar co proxecto Abalar, os empresarios do sector do software libre acadaron un convenio coa Consellería de Educación para levar a cabo unha renovación integral da web institucional do departamento da administración autonómica. Trátase, en palabras do xerente de Agasol, Luis Alberto Fernández “de introducir melloras que faciliten o uso do portal a través da súa renovación total”. Prevén que a nova web estea operativa antes de que remate o ano. “Agasol está presente en toda a parte TIC da Consellería de Educación e todo mediante software libre”, expuxo o xerente.
A Asociación
Agasol (Asociación Galega de Empresas de Software Libre) é unha iniciativa que agrupa a máis de trinta empresas galegas do sector para intentar atopar novas oportunidades de negocio, exercer como interlocutores dun sector en fase expansiva en Galicia e, ao tempo, promocionar o software libre como ferramenta para desenvolver unha sociedade da información na que resulta clave a liberdade para mellorar os programas informáticos e facer públicos e accesibles eses progresos.






















As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Pode visitarse ata outubro e explica como se producía o ferro na antigüidade. O documental “Da pedra ao ferro” publicarase proximamente na web do Museo.
Asistiron o tenente coronel Rubén García Díez, que é xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o comandante Féliz Rodríguez Alcántara, segundo xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o capitán Miguel Martínez Vilela, xefe da Escuadrilla Plus Ultra da Garda Real; así como persoal da devandita escuadrilla. O obxectivo da xuntanza foi coñecer a labor deste grupo do Exército, as actividades que desenvolve e a posibilidade de que algunha delas se poida levar adiante en Ribadeo. Tamén participaron a concelleira de Seguridade, Montse Seijo, e o xefe da Policía Local, Andrés Redondo.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
Ofreceranse as seguintes modalidades e horarios: adestramento de forza/funcional os luns e mércores ás 9.00 horas; pilates os luns e mércores ás 11.00 horas; e TRX os martes e xoves ás 9.00 horas. A inscrición e a información sobre estes cursos realizarase na recepción da Piscina Municipal. Ademais, durante este mes habilítase a opción de proba gratuíta.



