NOTA DE PRENSA
Tradicionalmente medios da Xunta de Galicia colaboran nestas tarefas pero este ano, pese a que consta o ofrecemento da Consellería do Mar, a día de hoxe non se obtivo resposta por parte da Administración central
O GRUPO POPULAR SINALA A SÚA PREOCUPACIÓN POLO DEFICIENTE OPERATIVO DISPOSTO POLO GOBERNO CENTRAL EN APOIO DA FLOTA BONITEIRA
• O voceiro do Mar do PPdeG , Jose Manuel Balseiro, denuncia que os medios do Ministerio non están a dar cobertura á flota na zona concreta onde están pescando
Santiago, 22 de xuño de 2011.- O voceiro do Mar do Grupo Parlamentario Popular, Jose Manuel Balseiro Orol, deu a coñecer a súa fonda preocupación, compartida tamén polo sector pesqueiro, ante o deficiente operativo disposto polo Goberno central en apoio da flota bonitera, pese a que fai semanas que comezou a súa campaña anual.
O parlamentario popular denunciou que os medios do Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño non están a dar cobertura á flota boniteira na zona concreta onde se están a desenvolver as capturas. Esta situación non só está a xerar unha sensación de evidente desprotección dos traballadores desta flota, senón que ademáis suporía un obstáculo ante calquera operación de emerxencia ou salvamento que puidera ser necesario realizar de producirse algunha dificultade durante a costeira.
De xeito habitual o Ministerio de Medio Ambiente Medio Rural e Mariño viña despregando tanto medios aéreos como marítimos para verificar o movemento das distintas flotas, coordinar a vixilancia e prestar apoio aos tripulantes das embarcacións boniteiras. As devanditas funcións levábanse a cabo en coordinación coas distintas comunidades autónomas.
Jose Manuel Balseiro non comprende cales poden ser as razóns que levan ao Ministerio a non poñer en marcha o tradicional e completo operativo de apoio á flota bonitera e a facelo ademais sen contar coa Xunta de Galicia. Ao deputado popular cónstalle que a Consellería do Mar puxo a disposición do Goberno central os seus medios, como cada ano, pero que aínda hoxe non obtiveron resposta, polo que non están participando.
O parlamentario popular subliña ademais que esta situación é moito máis grave ainda cando existe constancia de que as embarcacións do Ministerio non acompañan á flota bonitera ata as mesmas zonas onde está a ter lugar a pesca deste túnido, isto é, as embarcacións navegan sen a habitual asistencia.
Jose Manuel Balseiro pide ao Ministerio que corrixa esta situación de aparente abandono da flota boniteira, acompañe ás embarcacións pesqueira e as sirva de apoio.


















Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
O Deputado de Promoción Económica e Social, xunto ao Alcalde meirego e o músico berciano, presentaron no Pazo de San Marcos este concerto especial que acollerá a igrexa Monasterial de Santa María, o vindeiro 6 de agosto, ás 21:00 horas.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



