Nota de prensa:
A PRIMEIRA HORA DA TARDE QUEDABA ARRANXADA A NOVA AVARÍA QUE SE PRODUCÍA ESTA MAÑÁ NA TUBERÍA XERAL DO ABASTECEMENTO DE AUGA A RIBADEO. UN TUBO DE CINCO METROS REVENTABA NA RECTA DE REME, A UNS 100 METROS DO LUGAR NO QUE SE PRODUCÍA OUTRA INCIDENCIA O PASADO LUNS.
Ribadeo, 22 de xuño de 2011. Ás catro da tarde quedaba arranxada a nova avaría que se produciu na tubería xeral do abastecemento de auga a Ribadeo. Un tubo de cinco metros reventaba a primeira hora desta mañá na recta de Reme a uns 100 metros do lugar no que se producía a avaría do pasado luns. Operarios da empresa adxudicataria do servizo, Aquagest, adicaron máis de seis horas a solucionar esta nova incidencia.
Desde o equipo de goberno sinalan que “agora hai que ir purgando pouco a pouco a tubería xeral, polo que é posible que algunhas zonas de Porto de Arriba, Porto de Abaixo e Ove, sufran cortes no subministro de auga ata mañá pola mañá”. E reiteran que “a tubería xeral é moi vella e por iso se están a producir estas incidencias que lamentamos”.
O alcalde, Fernando Suárez, volve a chamar a atención da Xunta de Galicia, “o goberno galego non se pode esquecer de Ribadeo, precisamos da súa axuda para acometer unha importante obra, como é a mellora desta rede xeral de abastecemento ao noso concello”. O rexedor engadiu que “ningún Concello por sí mesmo pode afrontar o custe dunha infraestructura coma ésta. Hai pouco que a Xunta financiou o custe do novo abastecemento de auga a Cervo e Burela, que supuxo un investimento duns 7 millóns de euros. E nós levamos anos demandando unha solución para Ribadeo, fixémolo cando estivemos no Concello co PSOE e nos máis de catro anos anos que levamos nós aquí. Ribadeo é unha pequena cidade e como tal queremos que se nos trate”.





















De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



