Nota de prensa
ADEGA denuncia a Hernández por prevaricación e delictos contra a facenda pública no caso Barreiros
Santiago, 29 de xuño do 2011. Tras a aprobación por parte do Consello da Xunta do proxecto sectorial para legalizar e pagar con cartos públicos as ilegalidades urbanísticas no concello de Barreiros, o ordenamento territorial carece xa de valor. A mensaxe é a seguinte: tanto teñen as ilegalidades cometidas confirmadas por sucesivas sentenzas xudiciais: a Xunta vai acudir ao quite para salvar a cara a concellos e promotoras sen escrúpulos, usar a lexislación para amparar os chanchullos e o que é pior, adicar cartos públicos a tapar os buracos deixados polos promotores. Non hai cartos para políticas sociais nen para educación; non hai cartos para medio ambiente e investir no rural na prevención dos lumes; pero para amparar ilegalidades de concellos amigos e agasallar a construtores e especuladores hai 14 millóns de € de cartos públicos (e os que virán). Certificados falsos, diñeiro negro, prevaricación, malversación de fondos públicos, persecución política e represalias á secretaria municipal… Barreiros, a “Marbella” galega. DENUNCIA
Non só o deseño do planexamento urbanístico en Barreiros fixérono os promotores e especuladores, senón que agora exímeselles de cumprir coa obligación de cesións de espazos e por riba se lles prima. Non só trátase de licenzas ilegais senón que ademáis multiplícase até o 300% o aproveitamento fixado no planexamento. Con isto, confírmase que non todos somos iguais: hai que ser promotor-especulador para recibir agasallos públicos.
BARREIROS, CRÓNICA DUN ESCÁNDALO URBANÍSTICO:
Non resulta doado xustificar que nun concello como o de Barreiros que dende os anos 80 ven experimentando unha perda continua de poboación (dende os 4113 habitantes no ano 1981 ata os 3244 habitantes do 2009) resulte racional que en apenas un anos (dende xaneiro do 2006 ata o 15 de febreiro do 2007, en que a Xunta de Galicia decreta a suspensión das súas Normas Subsidiarias de palneamento) téñanse outorgado licenzas de edificación para máis de 3500 novas vivendas e téñanse visado no colexio de Arquitectos de Lugo proxectos de edificación para outras tantas novas vivendas.
Nada doado resulta tampouco xustificar que estas licenzas de edificación podan ter sido outorgadas sen contar con garantías de subministro eléctrico ou sen contar coas redes viarias e as dotacións de abastecemento e saneamento adecuadas a tal incremento de edificación e presunta poboación.
E, dende logo, resulta absolutamente inexplicable que todas estas licenzas de edificación poidan ter sido outorgadas en base a unhas Normas Subsidiarias do ano 1994, sen para nada ter en conta a Lei 9/2002 que obriga a distinguir entre solo urbano consolidado e solo urbano non consolidado.
Dende o punto de vista dos intereses públicos polos que toda Administración, local ou autonómica, está obrigada a velar, resulta tamén inexplicable que todas estas licenzas sobre solo urbano, que conforme a Lei 9/2002 non pode ter outra categoría que a de solo urbano non consolidado, poidanse ter outorgado todas estas licenzas de edificación sen esixirlle aos promotores as preceptivas cesións de solo para dotacións e servizos publicos e para vivendas sociais e viais públicos.
A maiores, e unha vez que a Xunta de Galicia ten decretado a suspensión das normas Subsidiarias do Concello (Decreto 15/2007); que unha vez que a Xunta de Galicia se ten visto obrigada á impugnar na vía contencioso administrativa a maior parte das licenzas outorgadas durante o ano 2006 ante a negativa do Concello de proceder á súa revisión de oficio; ou cando xa hai sentenzas que confirman a ilegalidade das licenzas concedidas (sentenza 389/2009 do contencioso-adminsitrativo nº 1 de Lugo), que esa mesma Xunta, sen sequera ter procedido á revisión de actuacións anteriores, poida chegar a propoñer, promover e aprobar un Plan Sectorial para a legalización de todas as licenzas impugnadas con cargo ademais ao erario público, non pode menos que resultar manifestamente delictivo.
Esta é a razón de que no día de hoxe teñamos presentado ante o Ministerio Fiscal unha denuncia contra do Conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestrutura. Trátase, efectivamente dun Plan Sectorial para a mellora e ampliación das infraestruturas básicas de saneamento, abastecemento e rede viaria no concello de Barreiros que xa dende o seu mesmo título, vén a confirmar a ilegalidade das licenzas outorgadas ao recoñecer que o solo urbano sobre o que foron autorizados non contaba no momento de concesión da licenza, nen conta aínda hoxe dos servizos urbanísticos mínimos para ser considerado como solo urbano consolidado.
Agardamos da administración de Xustiza o imprescendible compromiso coa legalidade vixente para non permitir, nen na vía contencioso administrativa nen na vía penal, que este tipo de actuacións podan continuar ou podan quedar impunes. De ser así, estaríamos ante inaceptable trato de favor e agravio comparativo fronte a outros promotores e cidadáns obrigados a cumprir coa lexislación urbanística e coas súas obrigas fiscais e ante, sobre todo, unha inaceptable arbitrariedade na aplicación da legalidade vixente por parte da Xunta.
ADEGA ven realizando tradicionalmente labores de educación, sensibilización ambiental e reivindicación, e non adoitamos xudicializar estas cuestións. Mais neste caso, está máis que xustificado acudir á xustiza para mirar pola legalidade. Como xa advertimos no seu momento ao Sr. Conselleiro, por Barreiros e Touriñán non imos pasar. De non mudar de actitude, isto non fixo máis que comezar. ADEGA vaise poñer no medio en defensa do noso territorio e da legalidade.
























As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
O campo de fútbol do Cascabeiro acolleu o pasado sábado a III Festa do Mexillón, organizada polo Celta Barreiros. Centos de persoas achegáronse a gozar dunha tarde de gastronomía e de música. En total foron servidas 670 racións entre veciñanza e visitantes, que saborearon mexillóns e lacón. Os organizadores amosasen satisfeitos da acollida: “estamos contentos pola boa resposta dos asistentes”. E tiveron palabras de agradecemento “para os Concellos de Barreiros e de Foz pola boa colaboración”.
Familias, amizades e persoas de todas as idades viviron cada xogada e cada aplauso, evidenciando que o fútbol é tamén unha oportunidade para fortalecer a convivencia e a unión da veciñanza. O municipio felicitou á Selección Española polo seu título mundial, un éxito histórico que fixo vibrar a toda a comunidade.
O acto está organizado pola Asociación de Irmandade Locudy, nunha proposta cultural que pon o foco na relación entre Galicia e Bretaña a través da figura de Castelao.
Era o único ocupante do vehículo. O 112 Galicia tivo coñecemento do accidente uns minutos despois das 10:00 horas deste domingo. Segundo indicou un particular, un coche caera por un desnivel duns 20 metros no quilómetro 2 da LU-P-6104. Desde a Sala de Operacións do 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Barreiros, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Trabada. Unha vez no punto, os servizos de emerxencias indicaron que había unha persoa falecida, único ocupante do vehículo, sen que nada se puidera facer por salvarlle a vida.
A cita, consolidada como un referente do verán cultural no municipio, reuniu na Praza dos Campos á formación anfitriona do encontro, a Agrupación La Sidrina, de Lugones (Asturias) e o Grupo Folklórico Estampas de México. A programación continuou o sábado coa celebración do Festival Folklórico Infantil. Villares puxo en valor o labor que o grupo Mistura desenvolve durante todo o ano na conservación e difusión do patrimonio cultural galego, así como a importancia de iniciativas coma este festival “para manter vivas as tradicións e dinamizar a vida social e cultural dos nosos concellos”.
A eucaristía, un dos actos centrais das festas patronais de Foz, continuou coa tradicional procesión e coa ofrenda floral en memoria das persoas falecidas no mar. A mandataria provincial formou parte da comitiva xunto a numerosos veciños e veciñas, visitantes, membros da corporación municipal e a pregoeira desta edición, María Nelle Castro Neira, focense moi vinculada ás festas desde a infancia.



