A pequena polémica xurdida a pasada semana, que, por certo, non é algo novo, pola disposición municipal de non permitir o acceso ó céspede daquel lugar, e do que nós soubemos polos xornais, propiciou que algunhas persoas recadasen a nosa opinión ó respecto que, de xeito público, expresamos. Un entende que é aquel un espacio que polo seu emprazamento, e polo entorno, debe procurarse que permaneza nas mellores condicións de coidados, de estética, de hixiene e de salubridade. E para logralo acaso resulten inevitables determinadas restricións ó seu disfrute. Coido que é algo que ocorre en todas partes, en circunstancias semellantes, naquelas localidades nas que se amosa interese por manter un status de limpeza, de pulcritude, e unha imaxe digna do lugar e, sobre todo, tratándose dunha vila turística, como así o pregoamos da nosa.
Pero que en Foz, dende hai xa moito tempo, exemplo de abandono, de desidia, de suciedade; onde o seu casco urbano, mesmo no mais céntrico, ofrece o espectáculo deprimente dos solares sen pechar, de visión selvática, ou de aceras de difícil tránsito polas irregularidades do chan e o grave deterioro do mesmo; a invasión das mesmas pola vexetación, ou rúas sen aceras, que acotío poñen en risco ós peóns, como ocorre na do cemiterio; onde moitas das vías urbanas non locen os seus nomes, coa descortesía que para os visitantes significa tal feito (ás veces atopámonos con alguén que anda, perdido, buscando unha, na que xa está), terreos, provisionais aparcadoiros, que son auténticos depósitos de basura, mesmo se arrinconan “trastos inútiles”, ofrecendo a visión terceiro mundista; que, ante condicións tan deplorables do hábitat urbano, sexa precisamente o problema acuciante, neste entorno, pisar ou non o céspede do Prado de Ramos, ou comer enriba del, ou non, dando lugar ó noxento cruce de acusacións, mais ou menos veladas, entre quen son os responsables de tales desaguisados, só nos permiten constatar, unha vez mais, que o que menos importa é a solución ós problemas da cidadanía, e do “bo goberno”, nen polo tanto, a imaxe que estamos a ofrecer. E non digamos nada dos que, ademais de canto apuntamos, defenden que, aquel paraxe tradicional se coverta, tamén, en exemplo do que non debe ser.
Nos pensamos que hai que “pillar o touro polos cornos” e actuar con sensatez. Foz necesita con urxencia un plan que no seu deseño contemple a realidade evidente de tal estado de cousas: que a limpeza, o orde, a correcta ocupación da vía pública, o respecto ós peóns, os edificios que, tras moitos anos, presentan paredes sen locir, en deleznable estética, etc.
Cando estas, e outras medidas se tomen, de xeito que Foz, a poder ser, volva a polos vellos foros, nos tempos de vila receptora de premios por “coidado y embellecimiento de los pueblos”, entón falaremos de comer, sí ou non, por entre a beiramar, no Prado de Ramos e noutros lugares fermosos que hai, e que habería que potenciar.
Suso Fernández

















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



