Nota de prensa
Lucía, primeira renovación do Burela FS Pescados Rubén
A ourensá Lucía Nespereira, unha das pichichis do Burela FS Pescados Rubén na historia da Honra laranxa, cumprirá o seu terceiro exercicio coa elástica burelista. O directivo do CD Burela FS Marcelino Luna recibiu a ala-peche onte pola tarde, nas oficinas do club, para formalizar a primeira renovación de 2011-12.
“O interese pola miña continuidade en Burela foi mutuo dende o principio. Eu sempre me sentín moi cómoda; recibín un tratamento excelente por parte da directiva, corpo técnico e afección, ademais de traballar moi ben coas compañeiras. Por iso cando o club me propuxo a renovación non dubidei en seguir apostando pola filosofía laranxa” dixo a xogadora ourensá. Con moito traballo aínda por diante de cara a 2011-12, Lucía confía na liña defendida polo equipo ata o momento: “Estou segura de que o club traballará para manter a cohesión do grupo, coa chegada dalgunha cara nova para facer fronte a unha liga que volverá ser moi competitiva”.
Marcelino Luna fixo referencia á renovación da ala-peche ourensá como “o primeiro paso para garantir a perdurabilidade dun proxecto que a base de ilusión e esforzo está atopando un sitio entre os equipos máis recoñecidos da elite feminina“. “O perfil de Lucía achega experiencia e carácter no xogo do Burela FS” matizou o directivo.























O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será na Igrexa de Santa María ás 20:30 h. Debido ao aforo limitado e ao cumprimento da normativa vixente, editaranse entradas que se repartirán no acceso da igrexa o propio día do concerto, onde tamén se realizará o control de acceso.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
