Nota de prensa
A deputada Emma Álvarez reuniuse esta mañá en Santiago co director xeral de Conservación da Natureza
MEDIO RURAL AXILIZARÁ A TRAMITACIÓN DOS TECORES DE TRABADA, BARREIROS E RIBADEO COMO ZONA OBXECTIVO 1 POLOS DANOS PROVOCADOS POLO XABARÍN
Álvarez agradeceu “a comprensión e a disposición amosada por García-Borregón para levar adiante as medidas necesarias para reducir a poboación de xabarín nos citados concellos”
A deputada trasladou ao director xeral todas as demandas que lle fixeron os representantes dos tecores e o presidente da Asociación de Afectados, cos que se reuniu na tarde de onte
Santiago, 5 de xullo de 2011.- A voceira de Montes e Conservación da Natureza do Grupo Parlamentario do Partido Popular, Emma Álvarez Chao, conseguiu hoxe o compromiso do director xeral de Conservación da Natureza, Ricardo García-Borregón, para axilizar a tramitación dos tecores dos concellos lucenses de Trabada, Ribadeo e Barreiros como zona declarada Obxectivo 1 polos danos provocados polo xabarín e na que se facilitará a realización de batidas para reducir a poboación deste animal.
Emma Álvarez agradeceu “a comprensión amosada polo director xeral ante os danos que o xabarín está a realizar nesta zona da Mariña lucense e a súa plena disposición para levar adiante as medidas necesarias que permitan reducir a poboación e loitar contra os danos que este animal está a provocar nas explotacións agrogandeiras da zona”.
“Esta era a primeira demanda que me plantexaron os representantes dos tecores de San Fernando, O Faisán, Remourelle e San Bartolo, así como o presidente da recén creada Asociación de Afectados polos danos do xabarín, na xuntanza que mantiven onte con eles, de xeito que se puideran axilizar ao máximo os trámites administrativos para a concesión de autorizacións de batidas, que no caso das zonas Obxectivo 1 concederanse de un día para outro”, explicou a deputada do Partido Popular.
Álvarez engadiu que na xuntanza co director xeral tamén se tratou a posibilidade de facer batidas no refuxio de fauna de Trabada, “algo que os técnicos da Consellería do Medio Rural estudarán nos vindeiros días para conseguir reducir a presenza de xabaríns neste importante refuxio”.
ADIANTO DA APERTURA DA CAZA
Á marxe da posible declaración destes tecores como Obxectivo 1, Emma Álvarez trasladou ao director xeral a solicitude de adianto da data de apertura da caza do xabarín para principios do mes de agosto, ante a que García-Borregón informou que a propia orde pola que se determinan as épocas de caza para a tempada 2011-2012 xa recolle o adianto da apertura da tempada ao 20 de agosto, aínda que se poderán realizar batidas en datas anteriores se se considera necesario por parte dos tecores para evitar os danos provocados polo xabarín.
Por último, a deputada do PPdeG tamén abordou co director xeral un aumento dos cupos propostos nos plans de caza renovados este ano, “unha cuestión que os técnicos da Consellería se comprometeron a estudar de inmediato pero que nun primeiro momento conta co visto bo pola súa parte”.
A voceira de Montes e Conservación da Natureza do Grupo Popular recorda que a súa preocupación polos danos do xabarín na zona da Mariña lucense “non é actual, senón que xa se remonta ao mes de novembro de 2009 cando presentara unha proposición non de Lei na que instaba á Xunta de Galicia, entre outros puntos, a realizar o control da poboación de xabarís que habitan en zonas de especial interese agrario coa colaboración das sociedades de caza de Galicia, que posteriormente foi aprobada por unanimidade no mes de marzo de 2010”.


















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



