Nota de prensa:
Mercedes Peón en Concerto:
A Delegación Municipal de Cultura organiza para o vindeiro sábado, 9 de xullo, ás 22:30 horas na Praza da Mariña, o Concerto a cargo de Mercedes Peón, dentro do circuíto de música para a celebración do Ano da Música de Galicia.
Mercedes Peón ( 1967 ) comeza a súa andaina artística no seu seno familiar ubicado en A Coruña. O seu entorno máis achegado comparte a inevitable diglosia entre o castelán e o galego, non en tanto das visitas á súa aldea Oza Dos Rios, sobre todo a través dos seus avós maternos Antón e Carmen, galego-falantes ( con casa tradicional, coa súa lareira, e cun imaxinario pleno e latente, fermoso e armónico con todo o que lles rodea ) aprende a amar o que é de seu , o galego. Este estado de consciencia será dende moi nova unha constante no seu pensamento e comportamento, e xa dende a súa etapa de estudante manterá un criterio enfrontando ás contradicións e programacións sociais impostas dende a súa condición de muller e de galega.
Aos 13 anos, escoitará a interpretación de dúas mulleres na Costa Da Morte, o tocar da pandeireta e o cantar da riberana serán o detonante para que comeze a recoller canta cantarea, baile, conto e vivenza que lle quixeran transmitir as xentes das aldeas. Os seus pilares éticos, morais e reivindicativos foron afianzandose en base a miles de experiencias transmitidas por esas persoas marabillosas, que nin tan sequera sabían o que tiñan entre mans, a conexión telúrica coa terra, tan perdida en calquera recuncho de Europa.
Pertenceu ao grupo folclórico Xacarandaina, formou asociacións e grupos de nenas/os para transmitirlles todo aquilo que ía recollendo polas aldeas e así paralelamente pagarse os estudos e comezar a súa vida laboral. Adicouse ao ensino de música e baile tradicional ao longo de 17 anos da súa vida . Durante todos eses anos desenvolveu a faceta de instrumentista tratando de respetar e imitar as maneiras tanto na percusión, voces, gaitas, e danzas que ía observando.
No ano 1990 decide non tocar máis e adícase só á didáctica, nese intre edítalle O Correo Galego unha fita coas súas performances. Danlle o premio especial do xurado e o premio á autenticidade no festival Cidade Vella de Santiago.
A partires de aí foi chamada por Os Diplomáticos de Monte Alto, Xosé M. Budiño, Manu Chao, Carlos Núñez, Kepa Junquera, diversos productores de TV, que abraiados por eses sons tan da terra, queren contar coa súa colaboura nos seus discos do momento.
As súas inquedanzas lévanna a adentrarse no mundo da composición, sen pudor e coa súa visión da vida, e cun claro imaxinario xurdirán os xermolos do seu primeiro disco ISUÉ, compoñerá tamén a banda sonora da serie televisiva “ Mareas Vivas “. Paralelamente realiza durante oito anos, un apartado no programa Luar da TVG, onde levou ó escenario persoas de máis de 300 lugares distintos de Galicia, funda o selo discográfico Discotrompo, a través do cal se editan distintos discos. Nesta fecunda etapa, dará conferencias na Sorbona de París, Escocia, Alemania, Portugal, etc, igualmente escribe diversos artigos para diferentes publicacións tratando sobre as tradicións.
Mercedes, foi recoñecida polo seu facer nas súas diversas facetas en innumerables ocasións:
Premio Nacional da Cultura 2008, no apartado de música.
Premio Iar, polo seu traballo en prol da recuperación das tradicións galegas.
Galega do ano 2005
Premio Mackallan do festival de Lorient
Mellor artista do ano polo magazine Folkworld
Mellor artista de Europa na sección de Worl Music
No ano 2003, edita o segundo disco, “ AJRÚ “
No ano 2007, edita o terceiro disco, “ SIHÁ “
Ao longo destes anos Mercedes Peón viaxou e participou en máis de 300 festivais de distintos puntos da xeografía entre os que compre saliantar:
SFINKS E DRANOUTER en Bélxica
LES SUDS DE MARSELLA E INTERCELTICO DE LORIENT en Francia
INTERCELTICO DE OPORTO E CANTIGAS DO MIÑO en Portugal
CELTIC CONNECTION E FESTIVAL DE EDIMBURGO en Escocia
FESTIVAL DE MÚSICOS DO MUNDO DE XERUSALEM – Israel
STIMMEN en Suiza
FORUM en Barcelona
FESTIVAL FOLC de Ortigueira
PARAPANDA de Granada
Etc….
No ano 2010, edita o seu último disco, “ SÓS “. Creado, tocado, producido e mezclado por ela mesma . É un exercicio de microcomposición, onde o resultado final enténdese como unha superposición de capas e unha investigación incansable de novas formas de expresión para chegar a : emoción, sensibilidade, transmisión, trance e comunicación.
Este, grandioso concerto, disfrutarémolo, o vindeiro sábado, 9 de xullo, ás 22:30 horas na Praza da Mariña grazas á colaboración da Xunta de Galicia a través da Consellería de Cultura e Turismo, AGADIC e o Xacobeo, dentro do programa , “Galicia é Música “.





















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



