Nota de prensa
Marful desembarca na Mariña co seu “Manual de Sedución”
O grupo está en plena xira de presentación do seu novo disco en Galiza
Presentación no Cine-Teatro de Ribadeo, o sábado 9 de xullo ás 22h
Tras percorrer boa parte de Galiza (A Coruña, Santiago de Compostela, Lugo, Carballo, Ribadavia) e Portugal (Casa da Música de Porto) chegan á Mariña, terra natal da súa letrista, compositora e cantante, Ugia Pedreira (Vilaronte, Foz).
Marful presentou o “Manual de Sedución” o pasado outono e esgotaron a primeira edición ao mes de se presentar. Había espectación logo do primeiro disco da banda e logo de catro anos de espera por este segundo traballo. Por iso este Manual de sedución, cheo de preguntas e certezas, de portas entreabertas, cheo de cor e de ritmo, gustou tanto.
Logo duns meses de hivernación e ensaios, Marful arrincou a xira de verán de presentación en Galiza do disco. E, dentro dela, chegan este sábado a Ribadeo, terra que apoia a cultura galega e lla ofrece aos seus cidadáns para que a desfruten, como de seguro farán neste concerto. A Mariña, no repertorio de Marful, non é un lugar máis. É unha porta aberta a outros mundos. Na Mariña e nos seus salóns de baile, inspirárase xa o primeiro disco da banda. E nas súas praias, no ritmo do mar da Mariña, inspírase boa parte deste segundo (“Jota de Pedra Noiva”, “De Vigo vuelvo, a Lugo voy”).
Este sábado 9 ás 22h Marful presenta o seu ultimo disco, “Manual de Sedución” no Cine-Teatro de Ribadeo. E dende Lugo a banda viaxará a Viana do Castelo para fechar as actividades de celebración da Capital Cultural do Eixo Atlántico. Neste verán tamén se poderá escoitar Marful en Verín, Sada, Salvaterra, Salceda, Pontevedra, Narón…
Marful son UGIA PEDREIRA (voz), MARCOS TEIRA (guitarras), PEDRO PASCUAL (acordeón diatónico), e PABLO PASCUAL (clarinetes). A eles súmanse nesta xira Xacobe Martínez (contrabaixo) e LAR Legido (batería), de Sumrá.
Manual de Sedución foi gravado nos Estudios Savik Sound de Caritel (Pontevedra) e contou coa colaboración de Xacobe Martínez (contrabaixo), LAR Legido (bateria e percusións), David Herrington (trompeta, fliscorno), Diego Galaz (violino), Alejandro Vargas (piano), José Manuel Díaz (contrabaixo), Alfredo Rodríguez de Factoria Teatro (narración), Paulo Gacio (flauta traveseira), Quim Farinha (violín) e Germán Díaz (serra). O técnico de son foi José Trincado.
…combinaremos na linha do horizonte ou naquel mar que nom sae nas cartas, as coissas tam-che muito boas, o caso é ter tempo para amar, na trajetória silenzo quero-te mais / contradecimos o que ponhemos em juizo, reconhecemos este xeito de tar, com quatro doses compensas esta minha idiota ilusom porque conhezo a miséria animal…
“Jota para Frank Sinatra”. Marful
Podes escoitala en: http://www.goear.com/listen/c69e49e/jota-valseada-para-frank-sinatra-marful
Videoclip: http://www.youtube.com/watch?v=SCg72_3NyJA
Máis información: www.marful.info
http://clubedefansdemarful.blogspot.com/





















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



