A Deputación anticípase á Lei contra a Morosidade adiantando o pago de facturas a entre 33-35 días
Nota de prensa
A Deputación apoia ás familias de Preescolar na Casa e insta á Xunta a non desmantelar outro programa máis
– Se a administración autonómica non reconsidera o seu recorte de 300.000 euros, un ERE afectará ós 43 profesionais, deixará a 510 familias luguesas sen servizo e empeorará o despoboamento demográfico no rural
– Arranca o Campus 2015 coa aprobación da adxudicación da primeira parcela do Campus, na que o organismo provincial inviste preto de 1 millón de euros
– Tendo en conta a importancia que representa a actividade turística na provincia, a Deputación esixe á administración autonómica o recoñecemento oficial dos Camiños de Inverno e Norte
– A Deputación anticípase á Lei contra a Morosidade, adiantando o pago de facturas a proveedores entre 33-35 días, o que a converte nunha das Deputacións galegas máis áxiles
O Pleno da Deputación acordou por unanimidade instar á Xunta de Galicia –responsable desta competencia- a manter as axudas que concede anualmente a Preescolar na Casa para garantir a súa continuidade, xa que constitúe un servizo imprescindible na educación no rural e contribúe a fixar poboación na provincia. Do labor educativo de Preescolar na Casa, creado en 1977, benefícianse 1.200 familias luguesas e preto de 4.000 en toda Galicia. Con tal magnitude e co obxectivo de que os núcleos de poboación nos que se imparte non queden privados deste servizo, a Deputación quixo manifestar publicamente o seu apoio e reclamar á Xunta que non desmantele outro servizo educativo-social máis. O voceiro provincial socialista, Manuel Martínez, destacou que “non entendemos como unha administración pode reducir un programa polo que pasan tantos e que contribúe a dinamizar o rural en case o 50%. O certo é que a Xunta desmantela os servizos sociais, suprimen a gratuidade dos libros de texto e as axudas para comedores, os profesores substitúenos cando queren e como queren… Isto é unha realidade, non é demagoxia. Iso sí, sen embargo, o Executivo galego sí que ten 400.000 euros para retransmitir as Misas pola televisión autonómica”.
A finalidade desta proposta de goberno, iniciada polo Partido Socialista, é conseguir que a Xunta non suprima os 300.000 euros necesarios para o seu funcionamento xa que, se abandona tamén este programa, obrigaría a Preescolar a realizar un ERE que afectará ós 43 profesionais dos que dispón; a metade das familias -510- quedarían sen servizo educativo; e empeoraría o despoboamento demográfico no rural.
Tal e como subliñou Martínez, o apoio a este programa exemplar en toda Europa, segundo se puxo de relevo nun encontro celebrado en Praga, confirma o compromiso anunciado polo Presidente da Deputación na toma de investidura: apoiar medidas e iniciativas que axuden a mellorar a situación demográfica da provincia. Na provincia, Preescolar na Casa esténdese en 12 áreas -6 na zona Norte e 6 na Sur- onde moitos mestres desenvolven unha actividade vital para o asentamento da poboación no rural.
Recoñecemento oficial dos Camiños de Inverno e Norte
A Deputación, tendo en conta que a actividade turística xoga un papel determinante na dinamización económica de Galicia e do conxunto das comarcas que conforman a unidade política e administrativa da provincia, acordou tamén por unanimidade solicitar á Xunta o recoñecemento oficial dos Camiños de Inverno e do Mar como rotas Xacobeas. Un factor determinante no impulso turístico está vinculado ós diferentes camiños que ó longo e ancho da xeografía serven de lugar de tránsito ós diferentes viaxeiros que teñen como destino Santiago de Compostela. A día de hoxe os dous camiños, seguen a agardar o recoñecemento oficial por parte do Executivo Galego a pesar das peticións rexistradas por distintos colectivos da provincia.
Arranca o Campus 2015
O Pleno tamén deu o visto e prace á adxudicación definitiva da expropiación da parcela número catro do Campus de Lugo, incluída no proxecto de ampliación deseñado pola Universidade de Santiago de Compostela e cofinanciado polo organismo provincial con 7 millóns de euros. Trátase do terreo comprendido entre a Avenida Pardo Iglesias e a rúa das Pedreiras, de 11.756 metros cadrados. Nesta zona situarase un centro de investigación do Campus, no que se levarán a cabo accións de desenvolvemento e investigación empresarial, así como a Escola de Enxeñería Civil cuxas obras xa foron contratadas polo organismo provincial e teñen un valor de 3.840.000 euros.
Este é o primeiro paso para o desenvolvemento do Campus 2015 no que o organismo provincial inviste 890.000 euros. Logo desta fase expropiatoria, actuará nas outras dúas zonas previstas: a comprendida entre a Avenida Bernardino Pardo Ouro e a Avenida Pardo Iglesias, de 13.693 metros cadrados, que se adicará ó sector servizos; e a rúa das Pedreiras e a nova rotonda de 11.772 m2, onde se construirá un polideportivo. En total, investiranse 4,6 millóns de euros para expropiar as zonas citadas anteriormente, que suman 37.000 metros cadrados.
Pagos de facturas máis rápidos
No Pleno tamén se deu conta do primeiro informe realizado polo Servizo de Intervención sobre a tramitación do pago de facturas a proveedores cos que traballa a Deputación. Esta medida inclúese dentro do novo sistema posto en marcha no mes marzo en cumprimento da Lei Contra a Morosidade nas Operacións Comerciais de 5 de xullo de 2010. O Rexistro de Facturas garante unha maior transparencia, eficacia e rapidez na xestión. É dicir, simplifica o proceso: as facturas envíanse ó servizo correspondente -eliminando o Rexistro Interno da institución- que recoñece a obriga e aproba o seu pago a Intervención, o que permite que os proveedores cobren en tempo e forma o importe das facturas polos servizos prestados a esta institución. Ademais, centraliza as facturas, ó incorporalas a un sistema, e posibilita consultar en calquera momento o seu estado de tramitación.
Na actualidade, as de Coruña e Lugo son as Deputación galegas que pagan con maior axilidade ós seus proveedores. No caso da luguesa pasouse de pagar nun prazo de 88 días –preto de tres meses- en outubro de 2008, a unha media de 33-35 días en 2011, anticipándose incluso ós prazos fixados pola lei que obriga a que as administracións teñen que pagar ós proveedores en 50 días. Polo que respecta ás outras institucións provinciais galegas, os prazos para efectuar os pagamentos son os seguintes: Coruña 32 días, Pontevedra 60 -2 meses- e Ourense 120 días -4 meses-.























O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.



