REFERENCIA
A Xunta ofrece, unha vez máis, ao concello de Viveiro a súa colaboración para solucionar os problemas de vivenda dos veciños do Celeiriño, en Celeiro
-A opción máis ventaxosa para os veciños é a declaración dunha área de rehabilitación, cuxa solicitude debe presentar o Concello
-En 2009 remataron as axudas de Cédula de Rehabilitación que menciona a declaración de emerxencia de 2008 sen que foran solicitadas, nin o concello presentara o informe que esixe a devandita declaración de emerxencia
-En calquera caso as axudas de Cédula de rehabilitación non serían aplicables neste caso, xa que a normativa do propio goberno bipartito establecía que unicamente serían aplicables no medio rural e en conxuntos históricos.
-O Pleno do Concello de Viveiro aprobou en setembro de 2009 reclamar xudicialmente contra a empresa causante dos danos. O IGVS solicitou repetidas veces información sobre dita reclamación sen obter resposta.
Santiago, 27 de xullo de 2011.- O concello de Viveiro deberá solicitar a declaración dunha área de rehabilitación para a zona do Celeiriño, na localidade de Celeiro, se quere que os propietarios das vivendas da zona poidan acceder ás axudas de rehabilitación para arranxar os danos das mesmas. Esta necesidade foille exposta ao alcalde da localidade nas xuntanzas mantidas en 2009 cos representantes do Instituto Galego da Vivenda e Solo.
Daquela, os representantes do IGVS indicáronlle ao alcalde que as axudas de cédula de rehabilitación ás que facía referencia a declaración de emerxencia das actuacións necesarias para solventar o problema das familias afectadas no barrio remataran no mes de agosto de 2009.
A devandita declaración de emerxencia, de 22 de decembro de 2008, indica que Vivenda sufragará os gastos de rehabilitación de 21 vivendas ?a través do Programa da Cédula de rehabilitación de Calidade, que deberá ser solicitado polos propietarios, Previamente o concello deberá emitir un informe acreditativo de que a execución das obras de rehabilitación é a solución más acaída para estas vivendas?. Na data de remate das axudas de Cédula de Rehabilitación (agosto de 2009) nin os veciños tiñan solicitado as axudas nin o concello emitira o informe citado, situación que se mantén na actualidade.
En calquera caso, o indicado na devandita declaración de emerxencia era imposible de cumprir e non tiña fundamento xurídico ningún, xa que o Decreto 157/2006 (DOG 19 de setembro de 2006) que regulaba as axudas da Cédula de Rehabilitación indicaba claramente no seu artigo 2 que o ámbito de aplicación de ditas axudas sería exclusivamente o ámbito rural e os núcleos ou conxuntos históricos. Dado que o Celeiriño nin é rural nin é conxunto histórico, as axudas de Cédula de Rehabilitación eran imposibles de conceder para a rehabilitación de ditas vivendas.
A mellor opción para que os propietarios de ditas vivendas accedan ás axudas de maior contía posible, é a declaración dunha área de rehabilitación como a que existe dende 1998 no casco histórico de Viveiro. Esta declaración da ARI permitiría aos propietarios das vivendas do Celeiriño acceder non so ás axudas financiadas pola Xunta de Galicia senón tamén ás do Estado, ao tempo que permitiría ao concello de Viveiro facer obras de mellora, urbanización e reurbanización do barrio tamén con axudas autonómicas e estatais.
A normativa que rexe á declaración de áreas de rehabilitación, figura incluída no Plan de Vivenda, indica que a declaración é competencia da Xunta de Galicia, pero que corresponde ao concello presentar previamente a solicitude de declaración, xunto cun estudo das necesidades de rehabilitación e a proposta de delimitación da área. Polo momento, o IGVS non recibiu solicitude algunha do concello de Viveiro respecto da declaración da área de rehabilitación do Celeriño.
Reclamación xudicial
Por outra banda, o IGVS tampouco ten constancia da presentación por parte do concello de Viveiro da reclamación xudicial contra a empresa construtora responsable dos danos causados ás vivendas do Celeiriño, malia que o Pleno do concello de Viveiro aprobou por unanimidade o 28 de setembro de 2009 ?emprender as accións legais e aboar ó IGVS o importe da indemnización que no seu caso se perciba por parte dos causantes dos danos, co límite dos importes aboados con cargo aos presupostos da Comunidade Autónoma ao amparo da declaración de emerxencia do Barrio do Celeiriño?.
Nas conversas mantidas co alcalde de Viveiro en 2009 por parte dos representantes do IGVS chegouse ao acordo de que os propietarios das vivendas cuxo derribo sería necesario as cederían directamente ao Concello, ao ser o organismo encargado da súa demolición, de maneira que se acurtarían os prazos respecto do previsto na declaración de emerxencia, que prevía a cesión das vivendas ao IGVS para que este as cedera posteriormente ao concello para a súa demolición, trámites que dilatarían os prazos para a devandita demolición. Nas mesmas conversas chegouse ao acordo de que sería o concello que reclamase xudicialmente á empresa causante dos danos, tal como aprobou o Pleno do concello en setembro de 2009. No mesmo Pleno o concello tamén aproba por unanimidade aceptar do Instituto Galego da Vivenda e Solo o dereito á cesión das sete vivendas que deberían ser demolidas.
O IGVS solicitou por escrito ao concello de Viveiro información sobre a presentación de dita reclamación nos meses de outubro, novembro e decembro de 2010 e febreiro de 2011, sen obter resposta algunha en ningún dos casos.
Malia todo o IGVS quere deixar claro, unha vez máis, que está aberto a colaborar co Concello de Viveiro na solución dos problemas de vivenda dos Veciños do Celeiriño, sempre e cando a solución adoptada se axuste á legalidade e ás liñas de axudas aplicables, que neste caso pasan pola solicitude por parte do concello da declaración dunha área de rehabilitación, que é a opción máis ventaxosa para os afectados.






















O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.



