Nota de prensa
A FEDERACIÓN RURAL GALEGA-FRUGA DENUNCIA RECORTES NAS INDEMNIZACIÓNS COMPENSATORIAS (IC)
Na última campaña aprobada, as IC en zona de montaña reducíronse de media 220 euros, outras quedan totalmente excluídas
A Indemnización Compensatoria (IC) é unha axuda destinada a profesionais da agricultura en zonas defavoreciadas e con limitacións medioambientais específicas, teñen como obxectivo, entre outros, asegurar un uso continuado das terras agrarias contribuindo ao mantemento dunha comunidade rural viable, á vez que se fommentan sistemas agrários sostibles e respetuosos co médio ambiente. Para isto definíronse unha serie de zonas agrícolas desfavorecidas, que á súa vez, determinan dous tipos de IC: as de zonas de montaña e as de zonas distintas ás de montaña.
Desde o ano 2008, comezouse a aplicar ás explotacións que reúnen os requisitos esixidos o critério de concorrencia competitiva, establecendo unha puntuación mínima necesaria para obter a axuda dacordo a un baremo de puntuación. Desde a Federación Rural Galega-FRUGA, detectamos a constante merma nesta liña de axudas, xa que a puntación mínima esixida ía en aumento. Agora esta situación agravouse, na última campaña que se te aprobado, a do ano 2010, esta puntuación necesaria para ter dereito a IC subiu moito respecto á anterior, de tal xeito que moitas explotación non se lles aprobou.
A XUNTA DE GALIZA NON AVISA AOS LABREGOS QUE A VIÑAN RECIBINDO DE QUE NON A VAN COBRAR
De todo isto o que é ainda mais grave é que nen sequera se lles notificou por escrito por parte da Consellería do Médio Rural aos agricultores que non a van cobrar.
Pensamos, igualmente, que no contexto de crise económica no que nos atopamos, as explotacións que a viñan cobrando a IC e este ano non a van recibir deberan sabelo o antes posible e non enterarse cando se interesan polo que pensan que é un simple retraso no pago.
OS RECORTES NAS IC DE LUGO RESPECTO Á CAMPAÑA ANTERIOR CHEGA A MÁIS DE 1,5 MILLÓNS DE EUROS
Tamén hai que sinalar que as explotacións que si recibiron a IC da última campaña, víuselles reducido o importe recibido, o valor médio dunha IC de montaña na campaña 2009 foi de 1.690 euros, pasando a ser de media no 2010 de 1.470 euros, o que supón, nun só ano, un recorte de mais dun 13%, ou o que é o mesmo, 220 euros menos por explotación. Tendo en conta que o número de expedientes de IC aprobados en lugo na última campaña foi de unhs 8.000, supón um recorte nas IC da província de Lugo de máis de 1.5 millóns de euros
PÉRDENSE CARTOS EUROPEOS
Compre lembrar que é ainda máis incomprensible tendo en conta que o 57,56% destas axudas son financiadas por fondos comunitarios, e o 42,44% restante son completados con fondos da Xunta de Galiza e do Ministerio de Medio Ambiente, Rural e Mariño, polo que somente o 21.22 % do total vai a cargo dos orzamentos da Consellería do Medio Rural.
Nas IC, tanto a Unión Europea coma o Ministério están obrigados a poñer a disposicón a parte que lles corresponde, desde a Federación Rural Galega-FRUGA, pensamos que deste xeito ao aprobarse as IC cun importe total menor, é a Xunta de Galiza a que non aporta a súa parte, pola tanto, hai fondos europeos comprometidos coas explotacións gandeiras galegas que non son recibidos porque a Consellería do Médio Rural non cumple co seu 21%.





















De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



