Nota de prensa
FERNANDO SUÁREZ PÍDELLE AO PRESIDENTE DA DEPUTACIÓN QUE DEA ORDE DE REMATAR CANTO ANTES AS OBRAS DA PONTE DE ARANTE. ASEGURA QUE OS VECIÑOS ESTÁN DOENTES E INDIGNADOS E TILDA OS TRABALLOS DE “AUTÉNTICA ZARAPALLADA”.
Ribadeo, 4 de agosto de 2011. O alcalde de Ribadeo, Fernando Súarez, pídelle ao presidente da Deputación de Lugo que dea orde de rematar canto antes as obras da ponte de Arante. O rexedor asegura que os veciños están indignados e tilda os traballos de “auténtica zarapallada”.
O rexedor dixo que “lamentablemente teño que referirme unha vez máis á ponte de Arante. Esta obra máis que estar feita no século XXI parece propia dos anos 40 do século XX. Eu creo que antes as cousas se facían con maior rigor, aínda que se puidera tardar todo o tempo que están a empregar en facer un pontigo, porque non deixa de ser un pontigo”.
Suárez Barcia sinalou que “lamentablemente os veciños, e con toda a razón, están doentes e indignados porque un día se abre a ponte e outro se pecha, esta noite estivo cortada ao tráfico cunha pala excavadora, máquina que agora se retirou pola mañá e o propio persoal de obras lles di que dentro duns días se volverá a pechar. O alcalde considera que “a obra é unha auténtica zarapallada, o nivel de acabado deixa moito que desexar, a falta de coordinación é evidente. Cando ás veces critican que o Concello fai as cousas mal, desde logo perfecto ninguén é, pero ten unha eficacia e unha eficiencia moitísimo mellor que o que a Deputación Provincial de Lugo está a demostrar nesta ponte, cunha falla de respecto clarísima tanto aos veciños da Ponte como aos das parroquias que teñen que pasar obrigadamente por esa ponte, sobre todo transporte pesado, maquinaria agrícola, camións de madeira, etc e as cousas non se fan así”.
O rexedor ribadense manifestou que “unha autovía non se abre ata que se remata e unha ponte non se pode abrir ata que se remata e non poden estar moitos meses traballando dúas persoas cun chimpín, cun carretillo, persoas que traballan nunha semana dous días, van e veñen, agora mesmo se están levando a pala excavadora ata que volte dentro duns días. Estamos no medio do verán, o momento mellor para rematar as obras agora que non chove e a Deputación lle ten que esixir á empresa e aos seus responsables que deberían estar aquí a pé de obra”. Fernando Suárez lamenta moito que todo isto, “antes das pasadas eleccións municipais era o pan de cada día nos medios de comunicación, onde se daban mostras dos avances inmellorables dunha ponte, que despois lamentablemente quedou caída no saco do esquecemento e agora tan só os veciños están doentes e ninguén se preocupa deles”.
O alcalde anunciou que lle vai transmitir ao presidente da Deputación Provincial de Lugo que “isto é intolerable, que ten que mandar rematar dunha vez por todas esta obra, con todas as garantías, resolvendo os accesos ao agro da capela da Nosa Señora das Virtudes e toda esa zarapallada que está ciscada por aí á maior brevidade e sen ningunha demora máis”.























O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.



