
Nota de prensa da Deputación:
Inaugurada a exposición “Modelos de Ulm 1953-1968” que Deputación e Sargadelos levan a Cervo
– A mostra enmárcase dentro dun convenio de colaboración mediante o cal a institución provincial financia esta iniciativa e o Taller Internacional de Tendencias Cerámicas, ademais de participar na organización de ambas as dúas iniciativas xunto á ceramista
– Froito deste traballo conxunto, a sala de exposicións da antiga fábrica de Sargadelos acolle, por 1º vez en Galicia, o traballo do Ulm, unha escola alemaña considerada un referente no mundo por lograr a integración da artesanía no proceso industrial
– “Modelos de Ulm 1953-1968” permanecerá en Lugo ata setembro, logo de estar presente no Museo Nacional de Artes Decorativas de Madrid, e en capitais de Europa e América
A Vicepresidenta Segunda, Lara Méndez, e a Deputada de Artesanía e Deseño, Regina Polín, participaron este xoves na inauguración de “Modelos de Ulm 1953-1968”. Trátase dunha mostra enmarcada dentro dun convenio de colaboración asinado entre Deputación e Sargadelos mediante o cal a institución provincial financia esta exposición, así como as actividades do Taller Internacional de Tendencias Cerámicas que xa se están a desenvolver en dito Concello dende comezos desta semana, ademais de participar, a través do Centro de Artesanía e Deseño (CENTRAD), na organización de ambas as dúas iniciativas xunto á entidade ceramista.
“Modelos de Ulm 1953-1968” reflexa o traballo desta prestixiosa escola alemaña, creada en 1953, considerada un referente a nivel mundial por lograr a integración do deseño artesanal no proceso de produción industrial. Mediante fotografías de gran formato, paneis de texto, liñas de tempo, pezas gráficas, bocetos de deseño, produtos e vídeos, esta exposición amosa a ampla variedade de enfoques teóricos, procedementos e resultados postos en marcha neste centro educativo. Recén chegada do Museo Nacional de Artes Decorativas de Madrid, e logo de estar presente en diferentes capitais de Europa e América, Deputación e Sargadelos logran traer este traballo por 1º vez en Galicia. Deste xeito, logo de que o Concello cervense concedese a sala de exposicións da antiga fábrica de Sargadelos, a mostra permanecerá en dito espazo ata setembro.
Lara Méndez destacou que “dende hai meses, Deputación e Sargadelos traballa para facer posible, malia a crise económica, a celebración da edición número 40 do Taller Internacional de Tendencias Cerámicas e a Mostra de Ulm 1953-1968. Con estas iniciativas estamos dando un pulo á economía lucense, por un lado, debido á visita de ducias de profesionais do deseño chegados de diferentes puntos do noso país e máis aló das nosas fronteiras e, por outro, polo contido destes encontros cuxas conclusións, as consensuadas polos propios traballadores dos sectores da artesanía e deseño, formarán parte da folla de ruta a seguir polo Centro de Artesanía e Deseño tal e como xa ten manifestado a súa nova dirixente, a nosa compañeira Regina Polín”.
Méndez subliñou que a Deputación seguirá “tendéndolle a man a Sargadelos, una entidade que dá traballo a 250 persoas en Galicia e que é o buque insignia da cerámica non só en Lugo e na Comunidade galega, senón tamén en toda España. Para elo seguiremos impulsando iniciativas coma esta mostra que é, sen dúbida, un exemplo a seguir para que o deseño e a artesanía sobreviva ante as esixencias das novas tecnoloxías, prospere e esté á altura das circunstancias”.
A este respecto, a Vicepresidenta Segunda incidiu en que “isto é o que buscamos na Deputación, que Lugo prosperar. Para elo, continuaremos ofrecendo formación gratuíta os nosos artesáns dende o CENTRAD; impulsando medidas que fomenten a inserción laboral como as primeiras bolsas de estudos remuneradas para deseñadores e artesáns que vimos de por en marcha; ou poñendo en valor os traballos tradicionais destes profesionais como estamos a facer con Sargadelos, entidade que centos de persoas visitaron grazas a Km0.Deputación de Lugo, un programa que mantén 3.000 postos de traballo na provincia mediante a colaboración que mantemos con artesáns, hostaleiros e comerciantes lucenses”.
Nota de prensa do concello de Cervo:
O alcalde, Alfonso Villares, inaugurou este mediodía esta mostra xunto con outras autoridades autonómicas, provinciais e locais
O CONCELLO DE CERVO CEDE DURANTE UN MES A SALA DE EXPOSICIÓNS E PERSOAL MUNICIPAL PARA ALBERGAR A EXPOSICIÓN SOBRE A ESCOLA DE DESEÑO DE ULM
Para a súa montaxe o Concello de Cervo adecuou a sala de exposicións do conxunto Histórico-Artístico ás necesidades dos organizadores e cede durante un mes estas instalacións, así como o persoal necesario para mantela aberta no tempo en que permaneza no concello.
Cervo, 3 de agosto de 2011.- Hoxe celebrouse na sala de exposicións municipal de Sargadelos o acto inaugural da exposición “Modelos de Ulm 1953-1968” que foi presidida polo alcalde de Cervo, Alfonso Villares e na que tamén participaron, entre outros, o xefe territorial da Consellería de Cultura, José Carlos Rodríguez Andina, a concelleira de Cultura de Cervo, Tania González, o presidente do grupo de empresa Sargadelos, José Luís Vázquez, a vicepresidenta segunda da Deputación, Lara Méndez e a deputada provincial de Artesanía e Deseño, Regina Polín.
No seu discurso, o rexedor cervense fixo unha lembranza da repercusión de Sargadelos nos últimos 200 anos non só para Cervo, senón tamén para a comarca da Mariña e para Galicia. Recordou que a filosofía da actual fábrica de Sargadelos xurdida na década dos 60-70 do maxín dos intelectuais Isaac Díaz Pardo e Luís Seoane é herdeira directa da escola xermana de Ulm “e por iso non dubidamos en aportar a nosa axuda para que esta mostra se puidera ubicar aquí” dixo. Reiterou tamén a disposición do Concello en colaborar con todas as administracións para conseguir que Sargadelos continúe sendo un nome de referencia mundial “non só pola súa cerámica nin polo seu deseño; se non pola forma na que esta empresa conxuga dende hai corenta anos a parte industrial, cultural e social” recalcou.
Ao fío disto o rexedor cervense indicou que o Concello está a manter contactos cos responsables do grupo de empresas de Sargadelos para levar adiante unha serie de iniciativas conxuntas “que non só abranguerán exposicións, ou actos culturais, se non que tamén temos previsto levar adiante outras actuacións conxuntas en outros aspectos como o social e o da educación e formación”.
A mostra “Modelos de Ulm 1953-1968” está organizada polo Arquivo HfG (Museo Ulm), co apoio do IFA (Instituto de Relacións Internacionais Alemaña) e da
Embaixada de Alemaña en España e se presenta en Sargadelos tralo seu paso pola cidade india de Kolkata e do Museo Nacional de Artes Decorativas de Madrid. Permanecerá aberta na sala de exposicións municipal de Sargadelos ata o vindeiro 4 de setembro. O horario de visitas será de luns a domingo de 10:00-14:30 h. e 17.00-21:00 h. Para a súa montaxe o Concello de Cervo adecuou a sala do Conxunto Hitórico-Artçístico ás necesidades dos seus organizadores e cede durante un mes estas instalacións municipais, así como o persoal necesario para mantela aberta no tempo en que estea no concello.




















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



