Nota de prensa:
CINCO VELADAS COMPOÑEN O VI FESTIVAL INTERNACIONAL DE MÚSICA CLÁSICA DE RIBADEO, QUE SE DESENVOLVERÁ DO 9 AO 14 DE AGOSTO.
Ribadeo, 5 de agosto de 2011. O VI Festival Internacional de Música Clásica de Ribadeo desenvolveráse no auditorio municipal do 9 ao 14 de agosto. Constará de cinco veladas moi atractivas, segundo o director do evento, Leopoldo Erice. O festival foi presentado este mediodía no Concello. No acto participaron o alcalde, Fernando Suárez; a concelleira de Cultura, Mariluz Álvarez Lastra; o responsable de Relacións Institucionais de Caixa Galicia, Sinesio Pérez, e Leopoldo Erice, director do FIMCR.
O rexedor sinalou que “é un clásico en Ribadeo de música clásica, porque xa son seis anos, que co apoio inestimable que Novacaixagalicia presta a este Festival Internacional de Música Clásica de Ribadeo baixo a dirección, desde o primeiro ano ata hoxe, de Leopoldo Erice, este profesional de renome internacional, nunca mellor dito, dado que está a cabalo entre este territorio e Estados Unidos habitualmente. E o enorme elenco de persoeiros músicos que veñen aquí a participar son de recoñecido porte a nivel internacional”.
Suárez Barcia dixo que “as cousas as veces fanse con ideas, con boa intención e con traballo, e iso apórtao Leopoldo Erice e o Concello de Ribadeo, pero sin un pouquiño de diñeiro tampouco se fan e ese diñeiro importante apórtao Novacaixagalicia, polo cal eu quérolle agradecer ao responsable de relacións institucionais de Lugo, Sinesio Pérez, a súa presencia aquí hoxe e o compromiso que ten Novacaixagalicia con Ribadeo, coa música e neste caso concretamente coa música clásica nun época do ano importante, na época estival, cando en Ribadeo se triplica a poboación e onde é moi recoñecido e moi querido. Eu falo con xente que habitualmente vén a Ribadeo e sempre di que lle gusta especialmente a época cando facemos o festival internacional de música clásica. Por iso este ano volveremos a ter esta serie de concertos”.
O alcalde convidou “a todos os veciños da Mariña de Lugo e do Occcidente asturiano e aos visitantes que veñen aquí para que asistan aos concertos, para darlle un ano máis un renome importante”.
A concelleira de Cultura, Mariluz Álvarez Lastra, agradece profundamente “primeiro o entusiasmo de Leopoldo Erice por continuar, por ser o alma mater e por ter posto enriba de mesa esta iniciativa. Ás veces necesitamos xente que esté aí, que teña propostas e despois nós apostar por elas. Pero eu creo que os proxectos iniciais foron moi importantes no momento en que se empezou e, ao ser o sexto ano, está garantido e consolidado como un referente a nivel de todo Galicia. Cada ano imos a máis e na edición pasada o auditorio municipal quedábase pequeño”.
A edil nacionalista subliñou que “continuamente está a xente preguntando na oficina de Cultura polas datas de celebración do festival. Na situación económica na que estamos onde primeiro se recorta e no ámbito cultural e para min é unha satisfacción poder mantelo gracias ao apoio de Novacaixagalicia, gracias ao entusiasmo de Leopoldo e gracias tamén a todas a persoas que contribúen económicamente como colaboradores. Fan que entre todos poidamos levalo adiante, ao igual que as persoas que pasen por taquilla para asistir aos concertos tamén son imporantes para que os gastos se cubran e que teñamos as gañas de continuar facéndoo. A calidade é excepcional”.
E o responsable de Relacións Institucionais de Novacaixagalicia manifestou quixo “tranquilizar ao señor alcalde e a todos vostedes, teñan a absoluta seguridade de que a forma xurídica será banco pero a implicación co territorio, coas xentes, e ese respeto profundo á cultura con letras maiúsculas ímolo seguir tendo e seguiremos pelexando por el. E dende logo o Festival Internacional de Música Clásica de Ribadeo é un deses exemplos que encaixa perfectamente nas grandes liñas da obra social de Novacaixagalicia”.
O músico, organizador e director do festival explicou que “van a ser cinco conciertos los días 9, 10, 12, 13 y 14 de agosto. El día 11 está dedicado a los ensayos y al descanso de los músicos. Son cinco veladas muy atractivas. Dado el éxito que tuvo la edición del pasado año, hemos decidido mantener el mismo formato, entonces cada noche participan todos los músicos y los programas son unas obras maravillosas y muy variadas, porque hay obras para un instrumento solo, para dúo, trío, cuarteto, quinteto… Cada noche tiene un tema distinto”. El 9 de agosto el concierto se denomina Una biografía sonora de Beethoven. El 10 La pasión musical de Clara y Robert Schumann y Johannes Brahms. El día 12 de agosto la velada será Desde Rusia con…¡música!. El día 13 estará dedicado a Compositores Virtuosos como Liszt, Mozart, Godowski, Chopin y Franck y el 14 a Las tres grandes B: Bach, Beethoven y Brahms.
Os artistas invitados ao VI Festival Internacional de Música Clásica de Ribadeo serán: Jasmin Arakawa, pianista xaponesa; os músicos do Cuarteto Penderecki (Jeremy Bell, violinista canadiense; Jerzy Kaplanek, violinista polaco; Christine Vlajk, violista americana; Jacob Braun, violonchelista americano), e tamén Leopoldo Erice, pianista español.
As entradas estarán á venda na taquilla do auditorio municipal de Ribadeo os días do evento de 12 a 13 horas e de 20 a 21:30 horas. O prezo para os adultos é de 10 euros e para xubilados e menores de 18 anos será de 9 euros. Haberá abonos para asistir aos cinco concertos, que se venderán a 45 euros para adultos e a 40 euros para maiores de 65 anos e menores de 18.
Erice agradece a colaboración dos establecementos e empresas colaboradoras e tamén aos 30 voluntarios que participarán de xeito desinteresado nesta cita musical.




















Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A alcaldesa Marta Rouco inaugurou a cita, que abriu coa IV Volta Ciclista á Terra Chá e cunha programación centrada na relación entre Galicia e Cuba e na memoria da emigración. Houbo unha mesa redonda sobre o Centro Galego da Habana, a exposición Galicia Imaxinada e música, ademais dunha mostra de xornais antigos. Rouco reivindicou a importancia de lembrar a emigración galega e apelou a mirar con humanidade as migracións actuais, destacando tamén o papel das asociacións culturais das parroquias na conservación das tradicións. A feira continúa con desfile de época, xantar popular, xogos, animación, baile cubano, foliada, queimada e propostas musicais e artesanais ata a noite.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Ocorreu minutos antes das 11:30 horas. Unha persoa foi trasladada ao hospital tras resultar ferida na colisión entre un coche e un autobús no quilómetro 512 da A-8 en sentido A Coruña, en Vilaframil (Ribadeo). Entre os alertadores estiveron as persoas que viaxaban no coche, que puideran saír do vehículo. Por outra banda, o autobús conseguiu deterse uns metros máis adiante. Ao punto desprazáronse Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da autovía.
O próximo luns 14 de setembro comeza un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
Finalizado o encontro, de carácter privado, o Cónsul asinou no Libro de Ouro da Deputación e a Presidenta fíxolle entrega dun agasallo institucional. Trala xuntanza Carmela López manifestou a súa satisfacción porque “traballamos para avanzar en novas vías de colaboración, e en posibles proxectos que serven para reforzar a relación entre a Deputación e o veciño país de Portugal”.



