Indignado focense
Nestes días convulsos de agosto, penso nas inxustizas do mundo, e danme
ganas de chorar. Miles de persoas morrendo de fame no Corno de África,
namentras algúns directivos dp FMI gastan 3000 dolares por unha noite de
hotel. Inxustiza!
Mentras o sr. secretario do parlamento galego cobra 8000 euros ao mes,
moitas viúvas non pasan dos 400 , ou hai mais dun millón de fogares na
España, onde están todos no paro. Indignado! Que cinismo o deste sr. que
aínda por riba disque non cobra pola concellería de Cervo.
Mentras os srs. Construtores de Barreiros pensaban aportar 3,2 millóns de
euros para “ reforzar” a traída de auga, agora danlles todo gratis,
pagámolo os panolis de sempre, vía impostos. Que se poñan de acordo no PSG,
pois non cadra que a Deputación de Lugo aporte 1,4 millóns de euros, e hai
outros socialistas que non están pola labor. Iso aumenta, se cabe, o
despristixio dos politicos. Indignado!
Onte escoitaba en radio Foz ao sr. Rivera, ex-alcalde, e dábame noxo. Facendo
un repaso aos investimentos nos últimos tempos feitos pola Deputación en
Foz.:céspede campo de fútebol, areas recreativas, saneamento e para rematar
a faena, a cafetería do Cenima, poñendo éste polas nubes, cando alí se
gastaron, millor se tiraron 5 millóns de euros, a pregunta é para qué. Non
había outras prioridades en Foz? Indignado.
Segue a polémica pola prohibición das comidas no contorno Rapadoira, e
parece que o novo alcalde non rectifica. Pero se en Foz o verao dura poucos
días, e aínda lles poñen trabas aos visitantes, pois irán para outros
sitios, non van ir comer aos restaurantes de Foz. Por certo que seguen
facendo os camións do lixo aparcados no porto e cheirando , e tamén onde
están os municipais, que tal día coma onte, 9 de agosto armáronse
follóns de tráfico co mercado, as tómbolas, e por alí non apareceu
ninguén. Para isto pagamos os impostos? Ademáis toda área do mercado
quedou chea de bolsas e porquería e naide a limpou. Parece que hai unha
deixadez da limpeza en Foz, e un mal pensado, asomalle a idea dalgun biocot
ao novo alcalde por parte dalguns traballadores do concello. Disciplina sr.
alcalde.
Indignado polo que vexo do malgasto no país. Como non vamos estar en crise,
gastando os cartos a tolería ou planificando tan mal. Hoxe leo no xornal que
a Xunta vai pedir cartos a UE para o Gaiás, supoño que lles dirán , ata
logo Lucas. Cantos millóns se malgastaron alí? Tamén outra brilante idea
que escoitei hai poucos días, a de poñer servizo de Santiago ao Gaiás para
facilitar as visitas. Non pensaron en poñer unhos bos servizos que
comuniquen o aeroporto coa cidade para coller transporte para outros puntos
de Galicia. Fun testigo, en mais dunha ocasión da xente preguntando por
autobuses ou trens, xa non para Santiago, senon para Coruña, Lugo etc. Nada.
Sorte para os taxis, non ?
Podería seguer dandoi as queixas do mal estado das estradas, da necesidade
de boas comunicacións na Mariña, da pouca unión entre os pobos para unha
promoción conxunta desta área, pero por hoxe, xa me despido.
Brais




















Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).



