Nota de prensa:
O PP de Burela non dá a cara.
O pasado 28 de xullo, puidemos ver a auténtica cara do PP de Burela, no primeiro pleno ordinario celebrado desde que está á fronte do goberno municipal.
O BNG, a través da súa representante municipal, a concelleira Neves Cando, instou ao PP de Burela a dar conta dalgunhas cuestións das que ata o momento aínda non tiveran a responsabilidade e a decencia de informar publicamente, como son o Seminario de Jazz e a selección de persoal para cubrir servizos de salvamento e socorrismo nas praias de Burela.
O señor González Barcia non foi quen de dar explicacións dos motivos polos que decidiran deixar de organizar o Seminario de Jazz, como tampouco foi capaz no seu momento a señora Mónica Pedre de comunicar publicamente que a Delegación de Educación e Cultura cancelaba esta actividade, ocasionando consecuentemente un importante trastorno para as persoas que xa se matricularan e que posteriormente tiveron que solicitar a devolución do importe aboado ao concello de Burela. O PP tamén foi preguntado polo orzamento do Curso Interdisciplinar de Música, realizado na primeira semana de xullo na escola de música municipal, así como polo decreto no que se aprobaron as taxas de inscrición neste curso, porque ao BNG non lle consta que ningunha destas dúas cuestións figuren en documento municipal algún. De novo o señor Barcia non ten respostas e di que informará destes asuntos no próximo pleno municipal. Pode ter toda a certeza o PP, que desde o BNG actuaremos con seriedade e responsabilidade diante destes asuntos e que estaremos á espera de que sexan aclarados canto antes polo señor alcalde.
Á pregunta feita polo BNG sobre os motivos polos que fora substituído o persoal que integraba o tribunal para a selección de 10 persoas para os servizos de salvamento e socorrismo, o señor alcalde respondeu cun rotundo “por criterio de alcaldía”, que ven sendo como se dixese “porque me deu a gana”. Así son os argumentos do PP. Tampouco dixo nada da convocatoria realizada posteriormente para cubrir unha praza para estes servizos. Aínda non sabemos por que quedaron fóra do proceso selectivo persoas que tiñan maior puntuación no apartado de méritos que a propia persoa seleccionada. Resulta curioso que queden fora persoas que acreditaron 2,5 puntos no apartado de formación e que tiñan experiencia e que pola contra, sexa seleccionada unha persoas que ten 0,25 puntos no apartado de méritos e sen experiencia previa. Resulta curioso que só aprobe unha persoa a entrevista e por conseguinte non se realice ningún tipo de proba práctica para a selección do persoal que vai ter a responsabilidade de velar pola vida das persoas que disfruten das nosas praias. Aínda que xa non resulta tan curioso cando un se dá conta de que a única persoa que supera o proceso selectivo ten parentesco co señor González Barcia.
En definitiva, desde o BNG entendemos que só hai dúas explicacións posibles ante tanto silencio do PP: ou ben non teñen razóns ou ben tendo razóns, non poden pronuncialas publicamente. Esta é pois a verdadeira cara do PP, a do silencio e o cinismo cando teñen algo que ocultar e a do caciquismo e escurantismo nos procesos de selección de persoal. Pasados só dous meses desde a súa chegada ao goberno, o PP xa tirou a careta e ensina o seu verdadeiro rostro: o do caciquismo, o cinismo e a hipocrisía. O BNG non esperaba outra cousa da política do PP de Burela, aínda que lle presupuña máis discreción. O que si que temos claro e que seguiremos esixindo ao señor González Barcia que dea a cara, que sexa transparente e que actúe con responsabilidade, pois como alcalde de Burela, ten a obriga de gobernar para todos e todas a veciñas.



















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



