A Directiva da Asociación de Veciños de Santa Cruz do Valadouro un ano mais celebra a tradicional comida de verán debaixo dun Carballo centenario, a base de mexillóns e churrasco xuntase toda a parroquia. E tamén aproveitan para agradecer a amigos e colaboradores que desinteresadamente lles axudan nas súas obras. De todas as xuntanzas que se fan esta e a mais concorrida, o celébrala en agosto hai moitos antigos veciños de paso pola parroquia, e sirve como comida de fraternidade entre uns e outros. Na foto a directiva cos seus axudantes.
