Nota de prensa
A BILLARDA SEGUE ADIANTE EN PRETEMPADA
A piques do comezo da nova tempada, para a que a Conferencia Norleste xa ten aprobado o calendario oficial, os torneos de verán seguen enchendo de ledica a tódolos amantes da billarda. O pasado 7 de agosto celebrouse en San Roman de Cervantes o Aberto do Urugallo donde Xermán (“Ekipa-Bíteres-Mobles Folgueira”), un rokeiro incombustible, voltou a senda de pasados trunfos e proclamouse vencedor do torneo. Tres días mais tarde no Piornedo, as billardas voltaron a cruzal-o ar, desta volta no 1º Aberto da FEGALCAT, donde por riba do trofeo correspondente se disputaron premios en metálico. A este marco natural incomparable foron numerosos os palanadores chegados de tódolos puntos de Galicia. Loita moi aberta e disputada pero sempre presidida pola grande deportividade de tódolos participantes. A igualdade entre os palanadores iba aumentando a emoción a medida que trancurrían as carreiras. Finalmente Iván de “Bateas”, Daniel de “Billardeiros Musicais” e Xan Rodiño de “Bateas” foron os que subiron o caixón dos gañadores.
A Billarda non paaara… e así na Pontenova, na IV Mostra de Xogos e Deportes Tradicionais de Santalla, celebrouse un novo aberto de Billarda que deu como gañadores a: 1º Daniel (Billardeiros Musicais), que levou trofeo e 2 kilos de troitas, 2º Reyes (Os Outros), trofeo e 3º Guille (Os Outros), trofeo.
E para cerrar a pretempada no Norleste, o vindeiro finde faremos sesión continua. O sábado o xa tradicional reto billardeiro “Billardeiros Musicais” + “Os outros” Vs. Selección resto do mundo no que será o V Trofeo Festas Patronais de Ribadeo. O domingo dentro do programa de festas haberá un obradoiro de xogos tradicionais ca presencia da billarda.





















Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
O Deputado de Promoción Económica e Social, xunto ao Alcalde meirego e o músico berciano, presentaron no Pazo de San Marcos este concerto especial que acollerá a igrexa Monasterial de Santa María, o vindeiro 6 de agosto, ás 21:00 horas.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
