Nota de prensa
A Xustiza pon fin co arquivo dos contenciosos ao furor denunciante do anterior goberno bipartito, motivado por razóns de persecución política, e que tivo un impacto moi negativo na economía e no emprego da comarca
BALSEIRO AMÓSASE MOI SATISFEITO POLO PASO DECISIVO QUE VÉN DE ACADAR A SOLUCIÓN DA XUNTA PARA A NORMALIZACIÓN DO URBANISMO EN BARREIROS
O deputado popular insiste en que o Goberno galego busca a defensa do interese xeral, os mellores servizos posibles para os veciños deste concello, a recuperación da actividade e dos postos de traballo e que os propietarios poidan adquirir as súas vivendas.
Barreiros, 23 de setembro de 2011.- O deputado popular Jose Manuel Balseiro amosou a súa satisfacción polo paso decisivo que vén de acadar a solución posta en marcha pola Xunta que preside Alberto Núñez Feijóo para normalizar a situación urbanística de Barreiros e sinalou os efectos postivos que terá a recuperación da actividade neste concello e a posibilidade de que os compradores poidan escriturar as súas vivendas e os promotores sacar ao mercado as edificacións construídas, un desbloqueo que “paulatinamente irá extendéndose ao conxunto das urbanizacións paralizadas”.
AVAL XUDICIAL Á SOLUCIÓN DA XUNTA
Balseiro considera que co arquivo definitivo dos procesos xudiciais a Xustiza está a avalar os pasos e a petición formulada polo Goberno galego poñendo fin ao furor denunciante iniciado pola anterior Xunta bipartita. O deputado insistiu en que daquela as razóns da paralización se baseaban “única e exclusivamente en criterios de persecución política, que lles levaba a actuar en Barreiros dun xeito totalmente distinto –porque había un alcalde do PP- ao como o facían noutros concellos veciños inmersos en similares problemáticas”. Significou que este parón –que data do ano 2008- tivo un impacto moi negativo na economía e no emprego da comarca, que agora pode “volver a reacuperarse en parte”.
DAR SOLUCIÓN ONDE OUTROS DEIXARON UN PROBLEMA
O deputado popular salientou tamén que a Xunta está a cumprir o seu compromiso de dar solución, “desde o máximo respecto á legalidade vixente” a unha problemática que outros –en alusión a socialistas e nacionalistas- “xeraron por razóns políticas” e volveu a insistir en que en que fóra das intoxicacións que perseguen algún membros da oposición, nas medidas que está a adoptar os actuais responsables do Goberno galego, “que contan co máximo apoio do Partido Popular, non hai outro obxectivo que o de buscar a defensa do interese xeral, os mellores servizos posibles para os veciños deste concello”.
Balseiro insistiu finalmente en calificar como boa nova o arquivo definitivo das denuncias –decidido polos tribunais do contencioso administrativo a petición da Xunta- e sinalou o impacto socioeconómico positivo que esta medida traerá non só para o municipio de Barreiros, senón para a súa bisbarra e a provincia de Lugo.




















Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



