Nota de prensa
O PLENO APROBOU O INCREMENTO DALGUNHAS ORDENANZAS PARA O 2012 COA ACTUALIZACIÓN DO IPC MARCADO NUN 3’1% POLO INSTITUTO NACIONAL DE ESTADÍSTICA A 30 DE SETEMBRO. GONZÁLEZ BARCIA RECOÑECE QUE A SUBA DA AUGA É IMPORTANTE E ACUSA AO SOCIALISTA ALFREDO LLANO DE OCULTARLLE ESTA CUESTIÓN AOS CIDADÁNS DURANTE MESES.
Burela, 26 de outubro de 2011. No pleno extraordinario celebrado esta mañá no Concello de Burela aprobóuse o incremento dalgunhas ordenanzas para o 2012. Non suben as licencias de apertura, cemiterio, servizo a domicilio, IBI, contribución urbana e mesas e sillas nas terrazas, entre outras. Increméntase, eso sí, o prezo da auga. Foi éste o punto que suscitou un maior debate. O alcalde, José María González Barcia, recoñeceu que a suba da auga é importante, pero dixo que o socialista Alfredo Llano non é quen de darlle leccións a ninguén sobre a xestión da auga en Burela. O rexedor dixo que “Llano non se preocupou polo embalse de Rúa, ocultou a suba aos cidadáns cando él sabía que tiña que producirse e a súa xestión foi nefasta porque dos 120.000 euros que se lle debían a Espina y Delfín hai 4 anos agora pasamos a 306.000 euros”. Barcia anunciou que o Concello está a negociar con Espina y Delfín a forma de pago desta cantidade.
No sesión plenaria foron aprobadas as modificacións de certas ordenanzas coa actualización do IPC, que foi marcado polo Instituto Nacional de Estadística a día 30 de setembro nun 3,1%. González Barcia dixo que “hai ordenanzas que non sofren ningunha modificación como as licencias de apertura, cemiterio, servizo de axuda a domicilio, contribución no tramo municipal, imposto de construcción, instalación e obras, imposto de actividades económicas e tampouco lle tocamos á ordenanza que regula o uso das meses e das sillas nas terrazas”.
O alcalde dixo ser consciente de que “a auga é o que máis sube e pasa a costar 0,62 euros. Recoñezo que é unha suba importante, pero así queda garantido o subministro a Burela e a súa calidade. A xente ten que entender que aí van contemplados a tarifa que nós lle pagamos a Espina y Delfín, que é a empresa que nos subministra a nós en baixa, e tamén se inclúe a cantidade que se lle paga á empresa adxudicataria da explotación da rede de auga”.
Barcia quedou defraudado pola ausencia de propostas tanto do Grupo Mixto como do PSOE, “non é de recibo que o PSOE, que ten cinco concelleiros, se limite a pedir a miña dimisión e que retiremos da orde do día a modificación das ordenanzas. Quero lembrar que cando nós estabamos na oposición facíamos propostas en tempo e forma, por escrito e antes do pleno, para que puidesen ser debatidas por todos os grupos políticos e para que fosen coñecidas pola cidadanía. O PSOE, que é o grupo maioritario da oposición, non fixo o traballo que debería facer un partido político que se precie de ter cogobernado o Concello de Burela e que chegado o caso, pero a este paso non o vexo, poida ser alternativa de goberno”. O alcalde relatou que “a postura adoptada pola concelleira do Grupo Mixto foi máis do mesmo, criticar ao PP por unha hipotética suba de impostos. Eu quero lembrar que as ordenanzas que teñen que ver coa actividade económica non sofren modificacións, criticáronnos porque non engalanamos o salón de sesión para as bodas civís. Eu non teño ningún problema en que a xente veña aquí a cantar, etc, pero lóxicamente cando un abre unha dependencia municipal eso produce un coste”. A González Barcia dalle a impresión de que “estes señores non entenden que hai dous principios fundamentais dentro da actividade económica dun Concello, por un lado ten que haber por imperativo legal unha autofinanciación dos servizos públicos que presta o Concello, é dicir os gastos que orixina ese servizo público teñen que estar suficientemente protexidos por uns ingresos para poder facerlles frente. E por outro lado, hai un principio de equilibrio presupostario, que nós non podemos baixo ningún concepto gastar máis do que ingresamos. Para que ese equilibrio non se rompa é polo que hai que proceder á actualización conforme ao IPC de certas ordenanzas”.
Cousas que a cidadanía debe saber
O asunto que suscitou máis debate foi o da auga. O rexedor burelés contou que “a nós se nos acusou de facer unha suba brutal. Eu recoñezo que a suba de auga é importante, pero tamén teño que dicir tres cuestións de enorme importancia para que a xente as saiba. Os partidos que agora están na oposición non hai moito tempo dixeron que había que dragar o embalse de Rúa, pero eles mesmos, o señor Llano e señora Cando, aprobaron un proxecto de modificado da obra de mellora de abastecemento de auga de Cervo a Rúa onde se suprimía precisamente o dragado do embalse de Rúa. Eso ocorría no ano 2008, qué cousa máis curiosa que se producise cando había unha cohabitación de bipartitos na Xunta e en Burela. E en dous anos o señor Llano non voltou a falar en ningunha xuntanza do Consorcio sobre o dragado do embalse de Rúa, recuperou o tema cando o PP xa estaba a gobernar na Xunta a finais de abril de 2010. Cabe preguntarse qué fixo este señor durante dous anos, porque a impresión que deu é que non quería molestar ao seu goberno amigo. Calquera argumento que utilice este señor con respecto a eso é radicalmente falso. O bombeo desde Ríocobo á Senra só se pon en funcionamento cando o embalse de Rúa baixa, antes non”.
José María González Barcia indicou que “o señor Llano tamén sabía perfectamente que ía ter que producirse esta subida da auga porque nunha acta do Consorcio se recolle que vai haber uns gastos de explotación da nova rede de 650.000 euros anuais. O señor Llano, que tonto non é, debería darse conta de que eses 650.000 euros non ían caer do ceo nin nacer nunha horta, senón que habería que recuperalos doutro xeito, é dicir que pague o cidadán que consume a auga. O señor Llano noutra reunión do Consorcio, antes das eleccións municipais, fala de que será preciso incrementar a tarifa da auga en 0’29 euros, que sumados aos 0,25 que estamos nós pagando xa nos poñen na tesitura dos 0,55 ou 0,60 euros. Agora resulta que sube 0,30, cal é a diferencia, só un céntimo. O peor de todo é que él sabía que esa suba se ía producir e aprazaron a decisión para despois das eleccións municipais, porque era consciente de que subir a auga lle podía ocasionar un problema, polo tanto o señor Llano lles estivo a ocultar información aos cidadáns de forma descarada”.
O rexedor burelés engadiu que “o señor Llano cando nós salimos da Alcaldía en xuño de 2007 adicóuse durante dous ou tres plenos a dicir reiteradamente que eu tiña facturas pendentes de pagar por importe de 120 ou 130.000 euros. Nós que sabíamos que deixáramos todas as facturas pagadas menos unhas vinculadas a Espina y Delfín, nos demos conta de que se refería a eso, cousa que él nunca dixo. Ademáis resulta que o señor Llano, que estivo nesta Alcaldía durante catro anos, non pagou eses cartos. Espina y Delfín fixo obra e agora o que lle debemos entre o capital e os intereses de demora que pretende cobrar son 306.000 euros, é dicir 180.000 euros máis do que nós tiñamos hai catro anos. Ese tema él puido solucionalo”.
Concluiu González Barcia subliñando que “polo tanto o señor Llano non é quen de darlle a ninguén leccións sobre a xestión da auga en Burela porque non se preocupou polo embalse de Rúa, ocultóulle a suba da auga á cidadanía cando él sabía que se tiña que producir e a súa xestión é nefasta porque agora lle debemos a Espina y Delfín 306.000 euros. No Concello estamos negociando con Espina y Delfín a forma de pago destas cantidades”.
O alcalde de Burela considera que “o que lles doe a eles é que nas reunións que tivemos polos barrios sí que lle dixemos á xente que a auga ía subir e non pouco precisamente. E tamén lles doe que nós no noso programa electoral diciamos claramente que non íamos subir os impostos vinculados coa actividade económica e o estamos a cumprir. Eles engañan aos cidadáns, derrochan os cartos e son os que presumen, entre comillas, de ausencia absoluta de propostas e de rigor. Pedir a estas alturas a dimisión do alcalde é recoñecer que un non ten iniciativa e que o único que lle queda é o dereito ao pataleo”.





















Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
Dez minutos antes das 21:30 horas do xoves, o 112 Galicia foi informado polo persoal de Adif dun tren detido no medio dun túnel en Mogor, Mañón, debido a unha chapa metálica no medio da vía. Así, aínda que as doce persoas que viaxaban a bordo estaban ilesas, precisaban medios de rescate para baixalas do convoi e desprazalas ata o apeadeiro máis próximo. Nestas tarefas colaboraron a Garda Civil, os Bombeiros do Eume, o GES de Ortigueira e os voluntarios de Protección Civil de Mañón. Finalmente, as persoas foron rescatadas e evacuadas a outro tren, que as levou ata o apeadeiro sen maiores complicacións. Desde alí, continuaron a súa viaxe en taxi.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.



