Nota de prensa
Estoa insta a Xunta a que non aprobe o ERE de Muebles Hermida.
Os nacionalistas anuncian que os concursos de acredores en marcha van significar nos próximos meses a ruína para moitos autónomos e Pemes da Mariña.
O 20N non se trata de escoller entre Guatemala Rubalcaba e Guatepeor Rajoy, afirma o BNG
O Bloque Nacionalista Galego celebrou na xornada de hoxe os seus mitin centrais nos Concellos de Barreiros, Trabada e Lourenzá onde participaron os candidatos nacionalistas Federico Gutiérrez Estoa, Dores Fernández Abel e Bernardo Fraga, que foron acompañados polos portavoces municipais do BNG en Barreiros, Ana Ermida, en Lourenzá, cesar Docampo, e Trabada, María Xosé Fernández. Os actos celebráronse ás 13:00 h no salón de Actos do Concello de Lourenzá, ás 18:30 no Centro Social de San Cosme de Barreiros e ás 21:00 h no Salón de Actos da Casa da Cultura de Trabada.
O candidato ao Congreso e Alcalde de Riotorto, Federico G. Estoa indicou que “o 20N non se trata de escoller entre Guatemala Rubalcaba e Guatepeor Rajoy, porque o 20N non é o momento de dicir OK ás políticas que guatemala rubalcaba estivo aplicando na súa condición de membro do goberno e que guatepeor rajoy estivo apoiando na súa condición de xefe da oposición. En definitiva ente guatemala e guatepeor hai unha alternativa que garantiza solucións aos problemas dos galegos e das galegas en Madrid”. Na mesma liña o candidato nacionalista lembrou que “non houbo asunto referido A Mariña no ámbito das competencias da Admistradción Xeral do Estado que non fose obxecto da nosa atención tanto na acción parlamentaria como no debate orzamentario até o punto de que conseguimos ampliar en preto de 8 millóns de Euros os investimentos na Comarca, e xa que logo con esas cantidades permitir que se executasen obras como a urbanización do entorno do Mosteiro de Alcantara ou as Obras de Mellora da Praza do Seminario e da Fonte Vella en Mondoñedo, a Recuperación das ribeiras do Rio Torto nas Rodrígas e a rehabilitación de vivendas para a súa utilización como VPP en Riotorto sen esquecer a recuperación da antiga fabrica de Algas e do entorno da Vilavella en Ribadeo”.
Estoa tras repasar a situación económica que vive a Comarca concluíu afirmando que “ a situación que viven as nosas empresas e o conxunto dos sectores produtivos da comarca e de xeito moi particular as altas taxas de paro que se dan na mesma, efecto que se agrava se atendemos a alta taxa de poboación inactiva, obríganos a converter estas eleccións nunha masiva protesta contra os responsábeis da crise pero tamén nun berro de esperanza para poñer en marcha alternativas que permitan recuperar emprego e reactivar a actividade económica. Non é de recibo que as empresas poidan prescindir dos traballadores coa lixeireza coa que están facendo nesta comarca, algo que é posíbel pola reforma laboral que aprobaron populares e socialistas, unha reforma laboral que agora se demostra que tiña o único obxectivo de converter os traballadores en mercadoría barata. É un autentico escándalo o ERE de de Muebles Hermida polo que esiximos da Xunta de Galiza que non aprobe o mesmo se non garante alternativas laborais para os traballadores afectados.O Partido Popular ten que decidir se está disposto a mandar a rúa a 94 traballadores deste centro de traballo ”.
Xa por último o candidato do BNG demandou “ a anulación da reforma laboral aprobada por populares e socialistas, posto que tras cada parado hai un drama persoal así como unha modificación da actual lei concursal. Os procedementos concursais abertos na comarca evidencian que é necesario modificar unha norma que deixa na indefensión aos traballadores e aos pequenos acredores. Tras unha empresa que presenta concurso de acredores, hai un monto importante de Pemes ou autónomos que quedan nunha situación de quebra práctica polo que se debe garantir os dereitos deste fronte aos da banca. E máis como xa estivemos vendo nos últimos anos e como vamos ver nos próximos meses son centos os autónomos que quedan co posto ou Pemes que se ven obrigados a fechar pola situación de ausencia de liquidez que están a xerar estes concursos de acredores”.






















O acto inaugural terá lugar no exterior da Casa do Concello ás 12.00 horas. O primeiro espectáculo será a proposta itinerante ‘Animacreques’ da Compañía Catropés. A xornada completarase coa representación ás 13:00 horas na Praza da Pulida de ‘Historias para escagharriñarse’, da Compañía Teatro Ghazafelhos. Posteriormente, ás 21:00 horas e no mesmo escenario, a Compañía Colectivo Glovo representará ‘Tríade e Alleo’.
Villares destacou que a Administración autonómica reafirma o seu compromiso con esta cita, adicada a enxalzar a calidade deste produto do mar e a poñer en valor o esforzo dos profesionais do sector. Así mesmo, subliñou a importancia das festas gastronómicas na promoción turística e na dinamización económica da zona.
Este lume comezou o pasado mércores ás 13,35 horas e afectou finalmente unha superficie de 31,5 hectáreas de monte arborado. Para a súa extinción mobilizáronse, en total, 2 técnicos, 13 axentes, 27 brigadas, 24 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
Félix Jorquera pasou polos micrófonos de RadioVoz no Barco Museo Boniteiro Virxe do Carme ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.
O obxectivo deste aviso é que a cidadanía coñeza esta circunstancia con antelación e, especialmente, que as persoas con sensibilidade aos ruídos, así como as persoas propietarias de animais de compañía, poidan adoptar as medidas que consideren oportunas. O Concello agradece a comprensión e a colaboración durante estes días de celebración.
Autoridades autonómicas, municipais e representantes da Apehl acompañaron o anuncio. O estand da marca estará na zona VIP da saída de cada etapa, onde se ofrecerán petiscos con produtos lucenses e material promocional, incluída a guía turístico-gastronómica. Cheché Real destacou a continuidade do proxecto e agradeceu o apoio institucional. A acción conta coa colaboración de numerosos consellos reguladores, entidades agroalimentarias e empresas da provincia.
Desde a entidade explican que “con este paso estratégico, la firma busca integrarse activamente en el tejido económico del municipio y colaborar de forma estrecha en la promoción de un modelo de turismo sostenible, desestacionalizado y respetuoso con el entorno natural…”. Engaden que “creemos que para proteger nuestro entorno primero debemos aprender a amarlo” e que “nuestra incorporación a ACISA representa una oportunidad idónea para crear sinergias con la hostelería, el comercio y los servicios locales”. Tamén sinalan que “la adhesión a la patronal ribadense refuerza el compromiso de la empresa con la calidad turística planificada de la zona”. Máis información en 



