EN O VALADOURO AS EXISTENCIAS NON EXISTÍAN
Como pode haber alguén que teña a ousadía de calificar o magosto do pasado sábado en O Valadouro como “un éxito”. Estamos de acordo en que asistiu moita xente ( máis o menos como nos últimos anos aínda que pareza máis porque,por non haber, este ano nin había mesado), en que a presentación do libro de Miguel Vila estibo máis que ben e que os presentadores de “Larpeiros” amenizaron o evento coas súas receitas, pero, como ben se aprecia na foto, o que faltou foi comida.
Eu, como colaboradora na organización das últimas edicións, podo asegurar que nunca vira MISERIA á maneira. Si deso se trataba, dende logo que está xustificado que o alcalde mande unha nota calificando o evento de éxito.
Non houbo castañas suficientes para todos, por riba moitas estaban podres ou levaban verme incorporado, cousa da que a organización non se percatou nin ao dentalas. Recoñecemos que un lote malo pódelle tocar a calquera pero traendo cantidade suficiente este imprevisto solventaríase. Resultou todo tan escaso que moita xente foise de alí sen probalas, igual que tampouco probaron a panceta nin os chourizos, para ser realista a panceta nin a cheiraron ( eu persoalmente nin a vin) e os chourizos máis do mesmo.
O peor de todo esto, non foi que a comida non chegase senón que precisamente moitos dos que nona probaron foron os propios veciños de O Valadouro, mentres que xente doutros concellos ocupaba os primeiros postos das mesas e incluso levaba castañas para casa. Na foto apreciase como só comían, do pouco que había, os ben posicionados, mentres e resto dedicábase á parola, pois non había outra cousa que facer en espera de que os de diante saciasen o seu apetito, algo que nunca pasou porque non había comida nin para eso.
Visto o sucedido o sábado queremos:
1º/ Pedirlle ao señor alcalde e ao equipo de goberno que, cando volvan a organizar outro evento culinario, non inviten á xente sen ter comida en cantidade suficiente e, se acoden máis persoas das previstas, sexan capaces de algo tan sinxelo como coller o teléfono e chamar a unha das carnicerías que temos no pobo para repoñer existencias ( as existencias non se esgotan si a organización nono permite) e sobre todo preocúpese de que os seus conveciños sexan atendidos antes, ou polo menos ao mesmo tempo, que os foráneos, pois recórdolles que o magosto, ao fin ao cabo, faise cos cartos da xente que vive no Valadouro.
2º/ Trate a todos os veciños por igual. Se non hai comida nona hai para ninguén, pois, mentres que a maior parte dos asistentes estaban a velas vir, o gremio eclesiástico, comodamente sentado nas gradas e sen acercarse á mesa, recibía prato tras prato de mans do noso querido alcalde a da alcaldesa consorte. Aínda que entendemos que está moi vinculado con vostede pola súa faceta de cantante, recorde que nos actos municipais son uns veciños como os demais. Non poden nin deben haber privilexios.
Dende logo, si o vivido este sábado é reflexo da capacidade resolutiva e actitude deste goberno, cando neste pobo teñamos un problema grave só nos queda esperar que, como diría o clero que tan ben alimentamos, Díos nos colla confesados .
María Díaz




















Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



