Nota de prensa
Os nacionalistas lembran que o BNG conseguiu aumentar o investimento na Comarca en máis de 8 millóns.
“Só o BNG garante a presenza da Mariña no Congreso” afirma Gutiérrez Estoa.
A Mariña, 17 de novembro de 2011. Os candidatos e as candidatas nacionalistas así como militantes do BNG en Mondoñedo aproveitaron o mercado da localidade para achegar as súas propostas aos presentes destacando a importancia que para a Comarca e pra Galiza ten a presenza do BNG no Congreso e no Senado, tanto para garantir que os problemas da mesma estean en Madrid como para defender os intereses das maiorías sociais.
O candidato ao Congreso Federico Gutiérrez Estoa afirmou que “A Mariña é particularmente Mondoñedo coñecen de primeira mao que se hai forza política do BNG nas cortes xerais os problemas da Mariña e dos seus Concellos teñen solución como ficou acreditado na lexislatura que remata até o punto de que a nosa presenza alí permitiu investimentos de máis de 8 millóns de Euros. Tanto é así que a actual lexislatura que evidenciou outra vez que A Mariña tivo voz pola representación do nacionalismo en Madrid, abonda como mostra, que os deputados e senadores do BNG, ningún deles electos pola circuscrición de Lugo presentaron máis iniciativas, que o resto dos representantes galegos”
Gutiérrez Estoa lembrou destacando que “non houbo asunto referido A Mariña no ámbito das competencias da Admistradción Xeral do Estado que non fose obxecto da nosa atención tanto na acción parlamentaria como no debate orzamentario até o punto de que conseguimos ampliar en preto de 8 millóns de Euros os investimentos na Comarca, e xa que logo con esas cantidades permitir que se executasen obras como a urbanización do entorno do Mosteiro de Alcantara ou as Obras de Mellora da Praza do Seminario e da Fonte Vella en Mondoñedo, a Recuperación das ribeiras do Rio Torto nas Rodrígas e a rehabilitación de vivendas para a súa utilización como VPP en Riotorto sen esquecer a recuperación da antiga fabrica de Algas e do entorno da Vilavella en Ribadeo”.
O candidato nacionalista que definiu a practica do BNG nas Cortes como “unha aposta polos sectores produtivos básicos promovendo acordos parlamentarios contra a redución das cotas da pescada ou da xarda a petición do sector pesqueiro da Mariña ou defendendo unha nova política de prezos para o complexo agro-gandeiro coa constitución dunha Comisión no Senado para analizar os mesmos nos que participou o movemento cooperativo da Mariña e tamén polo complexo industrial como acreditan os centos de iniciativas referidas ao complexo de Alcoa nomeadamente no tocande ao mantemento dunha tarifa electríca especial para as grandes consumidoras, aspecto que determina a continuidade da factoría na Mariña”, destacou tamén o traballo realizado para paliar o déficit que en materia de infraestruturas ten a zona referindo propostas “para a axilización e impulso ao remate da A-8, a construción da Autovía Barreiros – San Cibrao, aínda sen proxecto a pesar dos acordos unánimes nese sentido, o acceso central a Ribadeo desde A-8, a terminal de carga de mercadorías ferroviarias en Alcoa e no polígono de Ribadeo ou a liberalización do dique norte de Alcoa, reivindicación histórica da nosa Comarca, que a pesar de ser aprobada por unanimidade segue a día de hoxe sen ser executada”.
Gutiérrez Estoa rematou na súa comparecencia indicando que “nun momento coma este, no que a crise está a ser xestionada para operar como elemento que xera desigualdades entre persoas e territorios é máis necesario que nunca unha forza coma o BNG se non queremos que sexa Galiza e as súas maiorías sociais quen paguen a factura da mesma. É, polo tanto, o momento de apostar polo BNG, que é o mesmo que apostar pola creación do emprego, cunha economía ao servizo das persoas e non do grande capital, que é o mesmo que apostar, pola vertebración territorial da Mariña, rematando a súa rede viaria, é particularmente poñendo en marcha un sistema de cercanías ferroviaria entre Vicedo e Ribadeo, e que é o mesmo que apostar, pola apertura do dique norte do porto de Alcoa, que significa a efectos prácticos a creación de preto de 400 empregos directos”.



















Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



