A gañadora do segundo sorteo do Campañazo do bingo, que organiza ACIA Foz, foi Marisa Rivadulla. A afortunada, acompañada da súa filla, recibiu 300 euros en vales de compra para gastar no comercio focense ao longo das vindeiras semanas. A entrega do premio tivo lugar no restaurante Costume do Mar, que foi onde Marisa seguiu o sorteo do pasado venres 11 de novembro. A secretaria da Asociación de Comerciantes, Olalla Pedrosa, foi a encargada de darlle o agasallo. Mañá volta o Campañazo do bingo a partires das 23 horas. ACIA Foz pon en xogo outros 300 euros, premio que lle virá moi ben ao gañador ou gañadora, agora que se achegan as compras do Nadal.





















Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



