Nota de prensa
MOCIÓN SOBRE A ANULACIÓN DA TARXETA SANITARIA ÁS PERSOAS DESEMPREGADAS E PERSOAS SEN RECURSOS ECONÓMICOS
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
O día 9 de setembro de 2011 a Consellaría de Sanidade da Xunta de Galiza publicou no Diario Oficial unha orde na que regula o dereito de acceso á asistencia sanitaria para as persoas sen recursos económicos suficientes e para as persoas desempregadas. Posteriormente remitiu aos centros de saúde un Protocolo de traballo para a posta en marcha da devandita Orde. Neste protocolo indícase: “Dende a entrada en vigor da Orde as persoas sen recursos que soliciten teñen dereito á atención de urxencias e emerxencias, polo que, ante á solicitude dunha atención urxente é necesario dar unha alta rápida no aplicativo con documentación acreditativa “PRIVADO”, previa busca do cidadán na aplicación, sempre se lles entregará o modelo de compromiso de pago para que o asinen, escribindo a man (mentres non estea preparado o modelo na aplicación) o seguinte texto: Persoas sen recursos económicos suficientes en tramitación. Só asistencia urxencia/emerxencia.”
Segundo se indica no texto literal reproducido, as persoas afectadas só teñen dereito, previo compromiso de pago, á atención de urxencias e emerxencias, é dicir , perden o dereito á sanidade pública universal, fican sen médico/a de cabeceira, sen probas diagnósticas nin especialistas, non teñen, en definitiva, asistencia sanitaria completa. Estas persoas quedan tamén sen a asistencia farmacéutica até que volvan a ter todos os papeis en regra para volver estar de alta.
O proceso de clasificación das persoas afectadas nunha nova categoría non pode conlevar a desactivación dos seus dereitos sanitarios e menos sen recibir información por parte do Goberno galego do que está a suceder.
Todas as persoas afectadas terán a obriga de solicitar unha tarxeta de persoas sen recursos mais esa solicitude pode tardar en aprobarse entre oito e dez meses, polo que durante todo ese tempo permanecerán sen asistencia gratuíta
Esta orde está totalmente inxustificada, é inhumana e desoladora, xa que vulnera os dereitos básicos da cidadanía e rompe os principios de universalidade e equidade da Sanidade Pública. O goberno do PP na Xunta de Galiza está a levar adiante unha serie de medidas que pretenden a privatización e o desmantelamento da sanidade pública no noso país como demostra a redución de persoal sanitario mediante a non cobertura de baixas e xubilacións, a redución de consultas e actividade nos quirófanos na quenda de tarde, o incremento dos concertos privados, a entrada de capital privado no financiamento dos novos hospitais ou o recorte de 237 millóns de euros no orzamento da sanidade pública.
Por todo isto, propoñémoslle ao Pleno da Corporación municipal a adopción do seguinte
ACORDO
Instar á Xunta de Galiza a
Retirar de xeito inmediato o Protocolo que desenvolve a Orde de 5 de setembro de 2011 publicada no DOG do 9 de setembro.
Restituír todos os dereitos das persoas que foron prexudicadas polo mencionado Protocolo reactivando as tarxetas anuladas.
Evitar que os cambios burocráticos que se deban realizar repercutan no exercicio dos dereitos sanitarios da poboación galega.



















Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



