Na Aula de Informática da OMIX de Xove, tivo lugar a entrega de diplomas do Curso de Perfeccionamento de informática, acto presidido polo alcalde Demetrio Salgueiro, acompañado da concelleira Ana Abad e o profesor Daniel López.O Curso organizado pola delegación municipal de Xuventude, tivo unha duración de 20 horas. Nesta edición, participaron un total de 30 persoas con idades comprendidas entre os 28 e 68 anos. Os contidos tratados foron Microsoft Office Word, Excell, Publisher e Internet
