Nota de prensa
O CONCELLO CONTRATA A UN AXENTE DE EMPREGO. JOSÉ CASAS ASEGURA QUE A XUNTA APORTA O 80% DOS CUSTOS SALARIAIS.
Burela, a 27 de decembro de 2011. O Concello de Burela ven de contratar unha persoa, licenciada en Dereito, para cubrir o posto de axente de emprego cun contrato que ten un ano de duración.
O concelleiro de Emprego burelés, José Casas Martínez, indicou que “esta contratación foi posible gracias á Xunta de Galicia, a través da Consellería de Traballo e Benestar, que nos aporta o oitenta por cento do custo do salario da persoa contratada, é dicir 19.800 euros dun total de 25.000 euros”.
Casas Martínez considera “que este posto de traballo é fundamental nun concello coma o noso, porque nos vai permitir buscar novas bolsas de emprego, por un lado, para tentar insertar persoas desempregadas de determinadas características, en función de idade, sexo, etc… E por outro, deberíamos detectar novas posibilidades de atopar emprego, fundamentalmente destinado este aspecto á xente nova”.
José Casas comentou un terceiro aspecto do traballo a desenvolver por esta persoa, “debe estar en contacto permanente coas empresas, autónomos e comerciantes ubicados no noso termo municipal e tamén na zona, para buscar unha implicación directa dos emprendedores co concello e así buscar saída ás persoas demandantes de emprego”.
O concelleiro de Emprego indicou que “esta persoa, o axente de emprego, estará ubicada nos locais que o Concello posúe no Parque de Tíjola, e atenderá ás persoas interesadas en horario de mañá”.


















José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, polo de agora, 2 técnicos, 10 axentes, 15 brigadas, 16 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



