Nota de prensa
ANTONIO VEIGA DIXO QUE “Á VISTA DAS ALEGACIÓNS APRESENTADAS NA DEFENSA DOS RECOÑECEMENTOS FRANQUISTAS, AGORA ENTENDEMOS Á PERFECCIÓN A ABSTENCIÓN DO PP”
O PP abstívose na votación para a retirada da presidencia de honra e a medalla de ouro a Franco
“Non se entende de ningunha maneira que o PP non apoie o acordo de goberno que trata de evitar a sobreexplotación hidroeléctrica na conca Miño-Sil”, afirmou Mario Outeiro
Veiga, sobre o acordo de emprego pola Mariña afirma que “hoxe queda patente o dobre discurso do PP: por un lado aproba EREs no Parlamento para botar a xente e aquí quere lavarse as mans amosando un falso apoio aos despedidos na Mariña, quen son a punta do iceberg que se aveciña”
Lugo, 27 de decembro de 2011. No pleno desta mañá da Deputación de Lugo, as tres iniciativas xermoladas polo BNG, referentes á situación económica da Mariña, retirada de mencións honoríficas a Franco e evitar a sobreexplotación hidroeléctrica na conca Miño-Sil, e que chegaban ao debate da corporación provincial como acordos de goberno acadaron a súa aprobación cos votos a favor dos membros das dúas forzas que compoñen o goberno. O grupo provincial do PP votou en contra da proposta de goberno de garantir a riqueza natural e paisaxística da Ribeira Sacra evitando a sobreexplotación hidroeléctrica, que ergeu a crítica do portavoz nacionalista, Mario Outeiro, quen afirmou que “parece que o PP segue instalado na política de ‘queda inaugurado este pantano’, porque non se entende doutra maneira que o PP non apoie o acordo de goberno que trata de evitar a sobreexplotación hidroeléctrica na conca Miño-Sil”. “Ao noso xuízo non é sostíbel medioambientalmente seguir executando máis aproveitamentos hidroeléctricos nesta conca, a non ser que o que se persiga sexa rematar dunha vez por todas co valor do noso patrimonio natural dos ríos Miño e Sil, actuando segundo o interese das empresas hidroeléctricas e contando para isto co beneplácito das administracións”.
E neste sentido, Mario Outeiro afirmou que “por iso demandamos na nosa moción á Xunta de Galiza e ao Goberno do Estado deben que se fagan cargo das súas competencias analizando cun profundo estudo de impacto ambiental e social sobre os aproveitamentos hidroeléctricos existentes na actualidade. Polo tanto, mentres non se coñezan as conclusións dos mesmos, as administracións competentes deberían proceder á paralización das obras dos novos aproveitamentos. No caso de que se acredita que as concas do Miño e do Sil se atopan sobresaturadas debíase proceder á paralización de novas concesións nesa dupla perspectiva de garantir as potencialidades turísticas da zona e tamén a súa potencia como produtora de enerxía eléctrica”.
A moción prosperou cos votos en contra dos once membros do PP presentes no pleno da corporación provincial.
Plan económico para a Mariña
O vicepresidente da Deputación de Lugo, o nacionalista Antonio Veiga, instou unha vez máis ao PP a estar “á altura das circunstancias e apoiar o paquete de medidas anticrise para a Mariña”, e reprochou á portavoz popular Elena Candia, quen se escudou nunha vontade “conciliadora” sobre esta problemática, afirmando que “que tipo de vontade conciliadora pode existir neste xeito de actuar, ao presentar o PP unha alegación á totalidade da moción que nós presentamos para substituíla por completo?”. E nesta liña, Veiga afirmou que “hoxe queda patente o dobre discurso do PP: por un lado aproba EREs no Parlamento para botar a xente e aquí quere lavarse a cara amosando un falso apoio aos despedidos na Mariña, quen son a punta do iceberg que se aveciña”. E Antonio Veiga quixo afondar nesta cuestión xa que “o que hoxe se está a padecer a nivel de destrución de emprego vai chegar a agravarse de non facer valer as administracións as súas competencias, e neste caso é a Xunta quen ten as competencias en Traballo e é quen non está facendo nada. De aí que con esta moción nos queiramos dirixir á Xunta de Galiza para que o executivo galego poña en marcha un plano de incentivación do emprego para a comarca da Mariña. En segundo lugar demándanse Planos de Acompañamento Social para aquelas persoas que se atopan en situación de desemprego, a comezar por aquelas persoas que se atopan sen cobrar ningún tipo de prestación, de cara a amortiguar a súa situación pero tamén de favorecer a súa inserción laboral. En terceiro lugar, liñas de financiación a conta do IGAPE para todos aqueles autónomos e PEMES da Comarca que se atopan atrapados en concursos de acredores e que como se consecuencia dos mesmos a súa viabilidade está en risco. E xa por último, a posta en marcha un Plano de Choque que fomente o consumo a fin de evitar o feche de centos de pequenos negocios”.
O PP negou o apoio a esta moción e presentaba unha alegación de substitución, que non foi admitida, polo que trala votación aprobouse esta proposta cos votos a favor dos membros do goberno e a abstención do PP.
Retirada das mencións honoríficas a Franco
Antonio Veiga, na proposta de retirada de todas as mencións honoríficas a Franco, como a Presidencia de Honra ou a Medalla de Ouro da provincia, ademais de despoxar destes títulos á Falanxe e a Pilar Primo de Rivera como responsábel da Sección Feminina, considerou que con esta retirada se fai “xustiza, e resárcese a aquelas persoas que padeceron a ditadura fascista”. Non obstante, por máis que desexábel, a unanimidade das forzas políticas nesta proposta non se produciu xa que un grupo de cidadáns presentou unhas alegacións pedindo o mantemento das distincións, fronte ao que Antonio Veiga dixo que “á vista das alegacións apresentadas na defensa do mantemento dos recoñecementos franquistas, e ollando os antigos membros do PP que respaldan estas alegacións (Veiga citou algúns exemplos de antigos cargos como ex director xeral de Interior da Xunta e ex delegado de Presidencia, Alfredo Sánchez Carro) agora entendemos á perfección a abstención do PP”.
Polo tanto, aprobouse a moción para tramitar que Franco deixe de ser presidente honorífico da Deputación de Lugo cos votos a favor de BNG e PSOE e a abstención do PP.
Coa aprobación desta iniciativa no Pleno, péchase un expediente administrativo aberto polo BNG en 2009 e que remata desta maneira cunha retirada das mencións honoríficas que en si o conxunto da cidadanía democrática aplaude. A decisión que a Deputación tomou esta mañá ten unha importancia histórica.























Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



