Nota de prensa
FERNANDO SUÁREZ CRITICA A LAMENTABLE SITUACIÓN NA QUE SE ATOPAN MOITAS VÍAS PROVINCIAIS EN RIBADEO. O REXEDOR TILDA DE ESTÚPIDAS AS DECLARACIÓNS REALIZADAS POLO DEPUTADO SOCIALISTA MANUEL MARTÍNEZ, NAS QUE ÉSTE PON EN DÚBIDA A PROFESIONALIDADE DOS TÉCNICOS MUNICIPAIS QUE AVALIARON EN VARIAS OCASIÓNS O ESTADO DE DITAS ESTRADAS.
Ribadeo, 27 de decembro de 2011. O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, critica a lamentable situación na que se atopan moitas vías de titularidade provincial no concello e tilda estúpidas as declaracións realizadas polo delegado da Área de Xestión Territorial da Deputación, Manuel Martínez, nas que éste pon en dúbida a profesionalidade dos técnicos municipais que avaliaron en varias ocasións o estado no que están ditas estradas.
O rexedor tildou de lamentable a situación na que se atopan moitas das estradas da Deputación de Lugo, que “están moi degradadas e deterioradas, a pesares de que llo temos reiterado varias veces por escrito ao presidente da Deputación. Pero tamén é lamentable a contestación que lle da ao Concello de Ribadeo o delegado da Área de Xestión Territorial, Manuel Martínez, na que ven dicir que os informes que nós facemos sobre o estado das vías da Deputación non son os nosos técnicos os cualificados porque non teñen a titulación competente, senón que sí o son os técnicos da Deputación Provincial de Lugo”.
Suárez Barcia dixo que “eu non sabía que para ver os baches ou as fochancas houbera que ter uns anteollos diferentes aos de calquera veciño ou houbera que ser ilustrado ou licenciado por algunha universidade concreta. Creo que os furados, os baches, as fochancas e todo o sistema degradado das vías provinciais en Ribadeo calquera veciño ou veciña pode acreditalo sin que sexa necesario que veñan os seus técnicos”.
Ao alcalde gustaríalle que “o presidente da Deputación Provincial de Lugo, o señor Besteiro, chame un pouco a contas a este deputadiño delegado porque paréceme que non son de recibo as súas contestacións cando realmente se nos pode dicir que non hai moito diñeiro ou que se fará o posible para amáñalo canto antes sen dar estas explicacións estúpidas, que o único que fan é encabronar e molestar moitísimo aos veciños e ás veciñas deste concello, que ven como moitos camiños están destrozados. E á vista de que estamos a entrar na parte máis dura do inverno respostas e saídas de pata de banco como as que acaba de dar este deputadiño deixan moito que desexar e deixan en moi mal lugar a esta Deputación de Lugo que quere ser de todos os concellos da provincia”.























Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



