Ata o día 28 do vindeiro mes de xaneiro permanece exposta no Cenima de Foz unha mostra dos últimos traballos de pintura e de escultura do coñecido artista alfocense Hipólito Xeada. Hai tempo que non contemplábamos a obra do galardoado veciño e diremos que a exposición, na que figuran 27 óleos e oito esculturas en madeira, sorprendeunos moi gratamente, pois dende a nosa particular apreciación observamos unha moi positiva evolución experimentada polo artista co dominio dun corido amable, sen estridencias, así como a vida que gañan moitas das figuras, ás que imprime unha notoria expresividade e sensación de movemento que lles confiren unha nova e non frecuente dimensión plástica.
Hipólito Xeada é un avezado cultivador da arte dos pinceis e a espátula, con un longo e brillante percorrido, gañador de premios e certames da nosa terra e de alén a mesma, que leva uns anos inmerso noutra modalidade, a escultura, que lle proporciona interesantes recoñecementos e satisfaccións de diversa índole; toda unha dedicación ó mundo da arte plástica que proxecta aglutinar e perpetuar coa creación dun museo na casa patrocial de Alfoz, en cuxa iniciativa envorca esforzo e ilusións e que sen dúbida contribuirá de forma significativa á posta en valor, como atractivo turístico e cultural, nunha bisbarra, en plena Ruta Pardo de Cela, de tanto interese histórico.
A obra que Xeada expón en Foz nútrese de episodios da vida cotiá: escenas mariñeiras, familiares; os coloristas gaiteiros da nosa antropoloxía e cultura popular; recunchos dos tradicionais mercados, composicións saídas do maxín e sempre o ineludible e xusto protagonismo da muller…
Oito son as esculturas en madeira que aparecen na mostra cuxos motivos asemellan ós da serie de pintura; outros reflicten actitudes anímicas, como o titulado “pensativo” e mesmo algúns “sin título” pero abondo suxerentes, que poden titular o ousevador.
Recomendamos a visita á interesante exposición que ofrece ademais uns precios moi axustados.
















O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, polo de agora, 2 técnicos, 10 axentes, 15 brigadas, 16 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
Esta cita, xa consolidada dentro da programación estable do centro, permitirá ao público gozar dunha mostra do traballo artístico e formativo desenvolvido ao longo do curso polo alumnado da especialidade. A actividade constitúe unha oportunidade para achegar a danza á cidadanía e poñer en valor o esforzo, a dedicación e a evolución das alumnas e alumnos participantes.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reuniu máis de 130 palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García entregou os premios da proba, na que Club Fluvial de Lugo, Cidade de Lugo e Altruán coparon o podio por equipos. A Copa Deputación de Piraguismo, que conta de 6 regatas, organízase no marco da colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén coa Federación Galega de Piragüismo para a promoción deste deporte, ofrecendo aos clubs a posibilidade de participar en competicións federadas nas súas comarcas e contribuíndo así á consolidación de equipos de base.



