Nota de prensa:
O deputado popular e Secretario da Cámara lexislativa galega “rendiu contas” da súa actividade parlamentaria durante o ano que vén de rematar
BALSEIRO DESENVOLVEU PRETO DE 250 INTERVENCIÓNS NO PARLAMENTO DURANTE O ANO 2011
- Por responsabilidade”, considera que os cargos electos deben explicar ós cidadáns cal foi o seu traballo.
- Rexistrou 89 preguntas orais en Comisión, 42 en Pleno e 69 para a súa resposta escrita. No ámbito do impulso á acción do Goberno, promoveu 25 proposicións non de lei en Comisión e 13 máis en pleno, delas 5 contaron co apoio unánime da oposición.
Santiago, 04 de xaneiro de 2012.- Jose Manuel Balseiro efectuou hoxe balance da súa actividade no Parlamento de Galicia durante o ano que vén de rematar. Fixoo, segundo explicou, por “responsabilidade” xa que considera que os cargos electos deben “rendir contas” aos cidadáns sobre cal foi o seu traballo parlamentario, dar a coñecer o funcionamento das institucións públicas das que forman parte e efectuar continuos exercicios de transparencia.
Balseiro protagonizou, durante o ano 2011, preto de duascentas cincuenta intervencións no Parlamento de Galicia. Neste período o deputado rexistrou un total de 239 iniciativas parlamentarias ás que hai que engadir preto dun cento de intervencións como réplica ás iniciativas promovidas polos grupos da oposición ou en resposta ás comparecencias de membros do Goberno.
Os temas tratados foron moi variados, entre eles, destacan os relacionados coa pesca e coa Mariña lucense. En total, o deputado mariñán acumula máis de 650 iniciativas no que levamos de lexislatura e todo iso a pesar de que nesta ocasión compatibiliza a súa responsabilidade como deputado pola provincia de Lugo coa de Secretario do Parlamento de Galicia.
CONTROL E IMPULSO Á ACCIÓN DO GOBERNO
Segundo o desglose que deu a coñecer Jose Manuel Balseiro -citando fontes do rexistro oficial- a actividade parlamentaria pode dividirse en dous grandes grupos: Ou ben poden tratarse de iniciativas de control á acción do Goberno (fundamentalmente preguntas á Xunta e ás distintas Consellerías) ou ben iniciativas de impulso á acción do Goberno (mocións, emendas e proposicións non de lei) a través das que o deputado propuxo á Xunta que desenvolva determinadas actuacións de interese xeral ou positivas para a nosa comarca.
Seguindo este esquema Balseiro rexistrou 89 preguntas orais en Comisión, 42 preguntas preguntas orais en Pleno e 69 pregutnas para a súa resposta escrita. No ámbito do impulso á acción do Goberno, Balseiro rexistrou 25 proposicións non de lei en Comisión e 13 máis en pleno. A estas iniciativas das que é autor, hai que engadir ás solicitudes de documentación, emendas, debate de orzamentos e intervencións nas comparecencias de altos cargos da Xunta ante o Parlamento.
APROBADAS POR UNANIMIDADE
Un dos dos datos que quiso salientar Balseiro foi o feito de que todas iniciativas pedindo á Xunta que desenvolvera algunha actuación concreta foron aprobadas e incluso cinco delas por unanimidade, isto é, sumando aos votos do PP o voto favorable dos partidos da oposición: PSOE e BNG. Entre elas, recorda as proposicións sobre a continuación coa liña de traballo establecida por Portos de Galicia para asegurar, afianzar e expandir o volume de tráfico comercial do peirao de Mirasol, en Ribadeo (08.09.2011), sobre a dotación das instalacións dunha mariña seca e habilitar un espazo exterior de resgardo para os usuarios no Porto de San Ciprián (04.10.2011), sobre o dragado integral da zona portuaria de Foz, co fin de que as distintas embarcacións poidan realizar as manobras de atracada, entrada e saída, sen risco de varada (01.12.2011) ou, máis recentemente sobre a posta en marcha das decisións e dos mecanismos precisos para a recuperación produtiva e a creación de novas oportunidades laborais na comarca da Mariña lucense central, nomeadamente nos concellos de Mondoñedo e Lourenzá (28.12.2011)
PORTAVOZ DO MAR DO GRUPO POPULAR
Tamén foron múltiples os temas dos que versaron as distintas iniciativas parlamentarias. Destacan polo seu número ás relacionadas co ámbito da pesca e do marisqueo xa que Jose Manuel Balseiro é o portavoz popular para asuntos relacionados coa Consellería do Mar: destacan as dirixidas a reforzar as negociacións dos TAC e Cotas e sobre o aumento das cotas do lirio ou requerindo ao Estado que manteña o apoio á flota boniteira.
A MARIÑA PROTAGONISTA
Pero tamén outras específicas da Mariña lucense como é o caso da iniciativa sobre o impulso do corredor Barreiros-Ferrol de acordo cos prazos previstos no Plan MOVE e a licitación das obras do treito San Cibrao – Barreiros no ano 2011 para a súa posta en servizo no ano 2015 (Aprobada 7.04.2011), sobre a adopción pola Xunta de Galicia das medidas oportunas para garantir a asistencia e a participación dos escolares con discapacidade no Curso Internacional de Música organizado anualmente pola Asociación Interdisciplinar Músicosensorial para as Persoas con Necesidades Especiais, AIMPNE (Aprobada 28.04.2011), sobre os requirimentos que debe realizar o Goberno galego ao Concello de Viveiro en relación cos danos ocasionados nas vivendas do barrio do Celeiriño polas obras de edificación executadas nun terreo contiguo e coa súa rehabilitación (Aprobada 20.10.2011)
No ámbito das respostas a outras iniciativas promovidas desde a oposición, Jose Manuel Balseiro interviu no 2011 en debates plenarios acontecidos na Cámara sobre a o desbloqueo urbanístico de Barreiros, sobre as axudas á industria Cerámica de Sargadelos ou en cuestión como a creación dunha mesa para consensuar unha postura unitaria de cara á reforma da política pesqueira común.
(Ver cadro anexo)
Anexo: Cadro
| Iniciativas parlamentarias – Jose Manuel Balseiro- Ano 2011 | ||
| De control á acción do Goberno | Preguntas Oral en Comisión | 89 |
| Preguntas Oral en Pleno | 42 | |
| Pregunta Escrita | 69 | |
| Solicitude de Información | 1 | |
| De impulso á acción do Goberno | Proposición non de lei en Comisión | 25 |
| Proposición non de lei en pleno | 13 | |
| Total | 239 | |
| Outras intervencións parlamentarias | Emendas, comparecencias do Goberno, réplica a iniciativas da oposición, debate de orzamentos. | 43 |
















O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reuniu máis de 130 palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García entregou os premios da proba, na que Club Fluvial de Lugo, Cidade de Lugo e Altruán coparon o podio por equipos. A Copa Deputación de Piraguismo, que conta de 6 regatas, organízase no marco da colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén coa Federación Galega de Piragüismo para a promoción deste deporte, ofrecendo aos clubs a posibilidade de participar en competicións federadas nas súas comarcas e contribuíndo así á consolidación de equipos de base.
Malia a intensa calor, o pavillón encheuse de público para gozar das actuacións das numerosas alumnas, que ofreceron exercicios individuais, por parellas e en grupo, destacando pola súa beleza e dificultade técnica ao ritmo da música escollida. Ao remate, a concelleira Ana Rubal entregou medallas ás participantes, que tamén agradeceron o traballo e os valores transmitidos pola súa monitora, Lorena Fernández. Lémbrase que a festa de clausura das Escolas Deportivas terá lugar o luns 29 ás 19:00 horas, nun acto conxunto co Concello de Alfoz, no que haberá diversas actividades de celebración e a entrega de diplomas.
A cantante e instrumentista asturiana Mónica Acevedo actuará en formato solista, mentres que o equipo do local ofrecerá un menú especial con pratos como o tartar de xarda, gañador do “Ribadeo Sabe”, gazpachuelo de tempada, lomo de sardiña con berenxena afumada, cóctel de lagostinos, bonito de Burela con melocotón asado e sopa de cebola, e solombo de porco celta con xudías tenras. A cita comeza ás 21:15, con prazas limitadas e reserva imprescindible.
A xornada incluíu tamén o IV Torneo de Pádel, que continuará durante a fin de semana. O evento, organizado polo Concello xunto con ASAPA e Miño Vivo e coa colaboración da Xunta, recupera unha iniciativa nacida hai catro anos a petición da mocidade, coa intención de consolidala no tempo. O tenente de alcalde, Marcos García Lombardero, destacou a alta participación —catro veces maior ca na primeira edición— e agradeceu a implicación de entidades, colaboradores e asistentes, así como a presenza de representantes da Xunta, do Parlamento e da Deputación.
Adultos, nenos, familias, grupos de amizades fixeron o percorrido nun día espectacular de sol e cunha temperatura de 26º á hora da saída. Acudiron á cita o presidente provincial da AECC, José Manuel Rozas, o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, as concelleiras e concelleiro ribadenses, Marta Saiz, Begoña Sanjurjo, Elena Sierra e Francisco José Silvent, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, así como representantes da AECC de Ribadeo coa súa presidenta, Tea Martínez, á cabeza. A II Andaina Ribadeo en marcha contra o cancro contou co patrocinio de Solán e Acisa Ribadeo e coa colaboración do Concello de Ribadeo, Eroski e 2M.
Foi unha xornada máxica na que a música e a convivencia se deron a man nunha contorna única. Os instrumentos de corda encheron de melodías os xardíns do centro, creando unha atmosfera especial que emocionou ao público asistente e puxo en valor o talento e a ilusión da mocidade. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, non quixo perderse esta cita tan especial e desfrutou da tarde xunto ás persoas usuarias, e o persoal do centro. Durante o encontro, agradeceu o convite e felicitou á organización por promover actividades que fomentan a cultura, a inclusión e os espazos de encontro entre a veciñanza.



