Nota de prensa
OS SOCIALISTAS ASEGURAN QUE HAI MOITOS SERVIZOS INNECESARIOS QUE RECORTAR ADEMAIS DE AFORRAR EN CONSUMO ELÉCTRICO
-A situación económica que estamos vivindo é complexa, pero “tan só prescindindo dos servizos da asesora de políticas sociais, que non aporta nada, aforraríamos bastantes máis cartos”
-Esíxenlle a Villares que actúe con rigurosidade e madurez, “non se entende que antes das eleccións municipais instale puntos de luz por todo o concello e meses despois os apague”
CERVO, 11 DE XANEIRO. O Concello de Cervo tratará de recortar gastos no consumo eléctrico municipal. O Grupo Municipal Socialista asegura que “hai moitos servizos innecesarios que recortar antes de tomar este tipo de medidas. Cremos que o equipo de goberno, que está moi pola labor de revisar cada euro que gasta dos presupostos municipais, debería revisar e estudiar mellor de onde e cómo recorta”.
Segundo palabras propias do señor alcalde, Alfonso Villares, con esta iniciativa será posible aforrar uns 12.000 euros. Os socialistas subliñan que a situación económica actual é complexa, pero “sería tamén moi convinte recortar algúns servizos superfluos que só dan gasto ós veciños. Tan só prescindindo dos servizos da asesora de políticas sociais que temos no concello, aforraríamos bastantes máis cartos”. Engadiron que “é un servizo que non aporta nada, a Xunta está recortando máis ca nunca nesta materia, e non amosa ter moito traballo. Un Concello coma Cervo non pode asumir este gasto, non se pode solucionar a xubilación dunha persoa a costa dos cervenses”.
Por outra banda, os socialistas lembraron que dentro dos fondos do Plan E do ano 2009, o señor Villares adicou máis de 300.000 euros á elaboración dun plan de aforro enerxético, pero “a día de hoxe non sabemos canto se aforrou ou cales foron os resultados dese plan, agradeceríamos que o señor alcalde fixese pública toda esa información”.
Dende o GMS destacan que “é vergoñenta a actitude do señor Villares, non se entende a súa incoherencia. Agora aforraremos en consumo eléctrico, debe ser a moda, pois xusto antes das eleccións municipais adicouse a instalar diversos puntos de luz por todo o concello, meses despois dálle por apagalos. O seu criterio non ten outro sentido que non sexa rédito político ou pago de favores. As necesidades do concello están, coma sempre, en segundo lugar”.
Pedímoslle, señor alcalde, que “actúe con rigurosidade e madurez, se recorta certas prestacións das que se benefician tódolos veciños tamén pode pensar en prescindir de servizos como os da asesora de políticas sociais ou dalgunha das dedicacións exclusivas ou parciais das que disfrutan todos os membros do equipo de goberno, todos están cobrando, sexa dunha forma ou doutra. De ahí tamén se podería aforrar, e moito”.



















Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



