Este sábado, 14 de xaneiro e 2012, ás 18.00 h., no Museo Provincial do Mar, en San Cibrao-Cervo, representación da obra A barbería do Pallarego polo grupo de teatro infantil de Mondoñedo Érase unha vez… composto por máis dunha ducia de mozas e mozos entre os 8 e os 14 anos. A obra A barbería do Pallarego, lugar e personaxe emblemáticos tanto na obra como na biografía de Álvaro Cunqueiro, creouse e representouse como homenaxe ao ilustre intelectual mindoniense con motivo de celebrarse o centenario do seu nacemento o pasado ano 2011.
Representación da obra “A barbería do pallarego” no Museo Provincial do Mar, en San Cibrao
Representación da obra “A barbería do pallarego” no Museo Provincial do Mar, en San Cibrao
Relacionado
-
A Casa da Cultura acolleu este sábado a entrega de premios do XV certame de fotografía Cervo Respecta
-
Nova concentración de Modepen Ribadeo
-
A Praza da Pulida de Cariño foi escenario este venres da representación da obra ‘Costa da Morte: Cartografía dun naufraxio’, dentro da xira de presentación desta coprodución do Centro Dramático Galego coa creadora Mariña Lestón