Nota de prensa
A Deputación inicia a execución do Plan Estratéxico de Subvencións na Mariña coas primeiras axudas de 39.000 euros
– José Ramón Val explicou que o obxectivo é “impulsar sectores estratéxicos e produtos autóctonos para contribuír á reactivación da economía local e fixar poboación”
– A Festa do Berberecho de Foz, que se celebra esta fin de semana, é o primeiro evento en beneficiarse de subvención, dando continuidade ó apoio económico que o organismo provincial lle presta a esta cita dende hai catro anos
A Deputación de Lugo iniciou a execución do Plan Estratéxico de Subvencións achegando á comarca da Mariña un primeiro paquete de axudas por un montante de 39.000 euros. O Deputado Provincial José Ramón Val explicou que o obxectivo “é impulsar sectores estratéxicos e produtos autóctonos para contribuír á reactivación da economía local e fixar poboación”. O primeiro evento en beneficiarse de subvención é concretamente a Festa do Berberecho de Foz, cuxa novena edición se celebra esta fin de semana na vila mariñana. Val destacou neste senso que o organismo “apoia dende hai catro anos esta cita gastronómica, convertida nun referente no calendario festivo da comarca e do resto da provincia, porque consideramos que é unha maneira de xerar riqueza mediante a promoción dos nosos produtos”. O Deputado focense enmarcou tamén este respaldo á Festa do Berberecho no “compromiso do Presidente, José Ramón Gómez Besteiro, co desenvolvemento da Mariña, unha comarca que ata que chegou este Goberno provincial estaba totalmente desaparecida da acción da Deputación”.
Ademais do municipio focense, eses primeiros 39.000 euros do Plan Extratéxico de Subvencións, xestionado polo INLUDES, tamén benefician a outras localidades mariñanas, pois, por unha banda, están dirixidos a apoiar eventos emblemáticos na comarca e na maioría dos casos con sona non só na provincia, senón en toda Galicia, como son o Mercado Renacentista de Viveiro, a feira de produtos artesanais e ecolóxicos Produart de Burela, e a de artesanía, mobles e antigüidades da Pontenova, así como o Carnaval de Verán de Cervo. “Todas estas citas incrementan considerablemente a afluencia de visitantes nos Concellos nos que se celebran, o que repercute de xeito positivo na economía local”, recalcou José Ramón Val.
Por outro lado, ese primeiro paquete de subvencións tamén impulsa un sector estratéxico na comarca, que sustenta a miles de familias, como é o pesqueiro, incluíndo fondos para tódalas Confrarías de Pescadores mariñanas –Ribadeo, Burela, O Vicedo, Cervo e Viveiro- e a agrupación de mariscadoras de Barreiros.
Un plan dotado con 800.000 euros
No seu conxunto, o cuarto Plan Estratéxico de Subvencións, aprobado polo Consello Reitor do INLUDES a finais do pasado ano, está dotado con 800.000 euros co obxectivo de contribuír a fixar poboación no rural a través de catro liñas de actuación: apoio á agricultura, gandeiría e pesca (que conta con 600.000 euros); benestar social (76.200 euros); fomento da investigación e da innovación (66.000 euros); e promoción da artesanía (71.000 euros). Da mesma forma, tamén se investirán outros 6.000 euros en actividades tanto públicas como privadas nos diferentes sectores económicos da provincia, orientadas á participación cidadá para fomentar, dinamizar e divulgar a cultura, así como en accións de promoción de difusión do desenvolvemento sostible dentro da aposta pola protección e mellora do medio ambiente.





















En consecuencia, Alejandro Martínez Eiroa asumirá a responsabilidade da vicepresidencia. A distribución actual dos cargos queda configurada do seguinte xeito: Presidente: José Antonio Zan Vega. Vicepresidente: Alejandro Martínez Eiroa. Secretario: David Rodríguez Arias. Vicesecretario: Alejandro Martínez Eiroa. Tesoureiro: David Rodríguez Arias
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



