Nota de prensa
Enmárcanse na liña de traballo promovida polo Goberno galego en beneficio deste colectivo profesional que este ano terá un investimento de preto de 28 M€, un millón de euros máis que no 2011
BALSEIRO SALIENTA QUE A XUNTA APOIA CON AXUDAS DE ENTRE CINCO MIL E DEZ MIL EUROS AOS AUTÓNOMOS E EMPRENDEDORES DA NOSA COMARCA
A estas axudas poden engadir subvencións de ata 6.000 euros no caso de que, xunto ao inicio de actividade, leven a cabo a contratación dun primeiro traballador por conta allea.
Os interesados poden obter máis información na Consellería de Traballo, na web da Xunta e na Axencias de Emprego dos distintos concellos.
Santiago, 20 de xaneiro de 2012.- O deputado do PPdeG, Jose Manuel Balseiro Orol, salientou que a Xunta apoiará a aquelas persoas que queiran iniciar un proxecto empresarial como traballadores autónomos con axudas que van desde os 5.000 euros, no caso de desempregados en xeral, ata os 10.000 euros no caso de mulleres desempregadas con discapacidade ou en risco de exclusión social.
A Consellería de Traballo vén de aprobar hoxe esta liña de axudas coa publicación da correspondente convocatoria no Diario Oficial de Galicia. O Goberno que preside Alberto Núñez Fiejóo pon en mans dos emprendedores unha liña de financiamento e apoio que, na súa contía global, ronda os 28 millóns de euros, isto é un millón de euros máis que no ano pasado.
APOIO DA XUNTA AO EMPREGO
O deputado explica que estas subvencións enmárcanse na liña de traballo de apoio a emprendedores e autónomos que está a desenvolver o Goberno galego ao longo desta lexislatura. Jose Manuel Balseiro sinala ademais que elas reflicten a aposta do Goberno galego pola creación de emprego nun sector, o dos autónomos e emprendedores, que está chamado a ser unha peza básica para a saída da crise.
PRIMEIRA CONTRATACIÓN
Ademais aqueles autónomos que obten a estas axudas poderán ver incrementada a contía da subvención en ata 6.000 euros no caso de que, xunto ao inicio de actividade, leven a cabo a contratación dun primeiro traballador por conta allea. Ambas subvencións son totalmente compatibles coas outras que existen na actualidade para este colectivo.
AXUDA FINANCEIRA
Esta iniciativa da Consellería de Traballo e Benestar ten por obxectivo facilitarlles aos autónomos emprendedores que durante o inicio da actividade uns ingresos mínimos. Por iso tamén inclúe unha axuda financeira de redución de xuros nos préstamos necesarios para a posta en marcha da empresa, contratación de asistencias técnicas ou outros servizos externos necesarios para mellorar o desenvolvemento da actividade empresarial.
FORMACIÓN
O programa tamén conta con subvencións para a formación, para financiar os custos de cursos, e unha axuda excepcional para o financiamento dos primeiros gastos da actividade realizados nos 3 meses anteriores e nos 6 meses seguintes ao inicio da actividade en concepto de compra de mercadorías, materias primas e outros gastos de constitución.
SIMPLICIDADE
Balseiro recorda que o prazo xeral para a presentación de solicitudes das distintas axudas será dun mes desde a data da solicitude de alta na Seguridade Social, ademais de cumprir o resto dos requisitos da convocatoria. Indica tamén que pode obterse máis información na web da Consellería do Traballo e nas Axencias de Emprego dos distintos concellos, cuxo persoal asesorará sobre estas solicitudes que en todo caso, están caracterizadas pola simplicidade da súa tramitación.















José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, polo de agora, 2 técnicos, 10 axentes, 15 brigadas, 16 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



