Nota de prensa
O PP mindoniense agradece a boa dispoñibilidade mostrada pola Conselleira de Traballo durante a reunión mantida hoxe con traballadores de Hermida
· Beatriz Mato comprometeuse a estudar detidamente e con “lupa” o recurso presentado polos traballadores de Muebles Hermida
Mondoñedo, 23 de xaneiro de 2012.- O Partido Popular de Mondoñedo quere agradecer a boa dispoñibilidade demostrada hoxe pola conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, que se reuniu con traballadores de Mobles Hermida.
A conselleira comprometeuse a estudar detidamente e con “lupa” o recurso presentado por algúns dos traballadores afectados polo ERE de Muebles Hermida e que están desconformes co Expediente de Regulación de Emprego. Así mesmo, Beatriz Mato manifestou ser consciente dos problemas laborais que sufre a Mariña