Nota de prensa:
O BNG esixe ao goberno municipal solucións diante dos constantes problemas co abastecemento da nova rede e estación de tratamento de auga da Senra.
Na mañá de hoxe varios núcleos de poboación sufriron novos cortes de subministro e a auga non foi apta para o consumo polos lodos en suspensión que traía.
Os nacionalistas cren que o goberno local debería esixir responsabilidades á empresa privada que xestiona a planta de tratamento da Senra.
Cervo, 24 de xaneiro de 2011. Na mañá de hoxe volvéronse producir cortes no subministro de auga en varios núcleos de poboación do concello despois de que a planta de tratamento da Senra tivese que parar a súa actividade. Na capitalidade municipal sufriron especialmente as consecuencias ao retomarse o abastecemento xa que a auga non servía para o consumo pola carga de lodos acumulada, segundo a información recollida polos nacionalistas, a recuperación da normalidade levará varios días e causou graves problemas non só a vivendas e establecementos comerciais e de hostalería senón que os operarios municipais tiveron que empregarse a fondo para evitar danos maiores nas redes locais. O BNG esixe ao goberno local que goberne e esixa responsabilidades a quen compete, empezando pola empresa privada que construíu e xestiona na actualidade a Estación Depuradora da Senra.
A cidadanía e o propio concello non pode pagar as consecuencias dunha infraestrutura que funciona mal, e si ten defectos estruturais deberían corrixirse de inmediato.
O BNG por medio do seu portavoz municipal, Xoán Antón Estúa García, “esixiu ao goberno municipal que exerza como tal e pida responsabilidades a quen competa, empezando pola empresa privada que construíu e xestiona a nova rede xeral e a estación depuradora e finalizando por Augas de Galiza que debería velar pola calidade dun servizo b´sico no que ten competencias directas”. Estúa reclamou aos responsábeis municipais que non eludan as súas responsabilidades, “si hai defectos estruturais no sistema haberá que solucionalos con urxencia e si a estación depuradora está mal xestionada tamén.”. Ao nacionalista non lle parece normal que a cidadanía teña que facer gastos instalando filtros para evitar os efectos da mala calidade do abastecemento de auga ao mesmo tempo que paga no recibo por consumo unha obra que non funciona en óptimas condicións.
O CEIP de Cervo tivo que servir o menú de hoxe con empanadas pola e as casas e establecementos comerciais e hostaleiros non puideron facer uso da auga da rede pública.
O BNG explicou que estes problemas traen gastos engadidos á poboación xa que os efectos do corte e a posterior mala calidade da auga unha vez recuperado o subministro obrigaron por exemplo ao CEIP de Cervo a suplir o menú previsto por empanadas e vivendas particulares, comercios e establecementos de hostalaría tiveron que facer gastos extra para contar con auga potábel. A Estúa non lle parece de recibo que estas situacións empecen a ser habituais en Cervo tendo unha instalación nova e reclamou ao goberno municipal que tome as medidas necesarias para solucionar dunha vez por todas esta situación.
Ademais dos particulares, o concello tamén paga as consecuencias do mal funcionamento das instalacións.
Os nacionalistas tamén chamaron a atención sobre o gasto que causa os defectos e mal funcionamento da infraestrutura. Para Estúa non é normal que nunha rede nova rebenten as tubarias ao pouco tempo de funcionamento como sucede entre o encoro de Rúa e a estación de tratamento da Senra, como tampouco é normal que ninguén asuma a factura dos gastos que ocasiona que o persoal dos servizos de obras do concello teñan que ocuparse de atender os problemas nas redes locais derivados dun problema na rede xeral que construíu e xestiona unha mesma empresa privada.
















A proba, organizada polo CP Altrúan, reunirá 137palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García achegouse esta tarde a Ribadeo para presentar a proba, que comezará ás 15.30 coa saída dos prebenxamíns e benxamíns. A continuación e de forma escalonada, desenvolveranse as probas das categorías infantil, alevín e cadete e xuvenil.
A partir das 19:45 horas abrirán a xornada o Cuarteto Illa Pancha e Tradigalu, mentres que desde as 20:00 horas se poderán degustar hamburguesas á parrilla, bocadillos de panceta e chourizos asados. Xa pola noite, ás 21:30, tomarán o relevo Mi Rollo es el Rock, antes da tradicional fogueira de San Xoán, prevista para as 00:00 horas. A celebración, organizada por A Rebolaxe coa colaboración do Concello de Cervo e a Deputación de Lugo, inclúe tamén o sorteo dunha paleta de cocho e contará con aparcamento habilitado no Estanco da Praia do Torno.
A Garda Civil de Burela tomou declaración este 10 de xuño a unha representante do departamento en liña de Porcelana de Sargadelos, que denunciou unha estafa na que se emprega a imaxe da empresa para enganar clientes. Segundo explicou, desde finais de abril están a aparecer páxinas web falsas con descontos do 80% e perfís fraudulentos en redes sociais como Instagram, TikTok e Facebook, a través dos que varios usuarios xa foron estafados. A compañía presentou denuncias contra distintos dominios e contas, das que só unha continúa activa, e achegou tamén os rexistros da marca e as comunicacións realizadas ante Meta. A denuncia foi formalizada no cuartel da Garda Civil de Burela, onde quedou incorporada ás dilixencias abertas polo corpo.
O deputado galego Francisco Millán Mon explicoulles o día a día da súa actividade nesta cámara e a importancia da Unión Europea para Galicia e viceversa. Desde a dirección do centro agradecen “a súa exposición e o trato dispensado ao alumnado e profesorado desprazado a Bruxelas”. Neste 2026 cúmprense 40 anos da adhesión de España á Comunidade Económica Europea, así se denominaba naquel momento. O IES de Ribadeo é Escola Mentora do Programa Escolas Embaixadoras do Parlamento Europeo.
Foi unha xornada máxica na que a música e a convivencia se deron a man nunha contorna única. Os instrumentos de corda encheron de melodías os xardíns do centro, creando unha atmosfera especial que emocionou ao público asistente e puxo en valor o talento e a ilusión da mocidade. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, non quixo perderse esta cita tan especial e desfrutou da tarde xunto ás persoas usuarias, e o persoal do centro. Durante o encontro, agradeceu o convite e felicitou á organización por promover actividades que fomentan a cultura, a inclusión e os espazos de encontro entre a veciñanza.
A mostra, aberta na sala de exposicións do Auditorio Municipal de luns a venres entre as 18:00 e as 22:00 horas, reúne preto de 30 obras de artistas emerxentes e consolidados, ofrecendo diversas miradas sobre a paisaxe, a identidade, a memoria e a realidade contemporánea. A alcaldesa, Marta Rouco, destacou o valor de que Vilalba forme parte desta programación compartida e o impacto positivo que supón para a actividade cultural local.
No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.



