Nota de prensa
SEIS MESES DE GOBERNO MUNICIPAL DO PP: SEIS MESES PERDIDOS PARA BURELA
Unha vez transcorridos seis meses de goberno municipal do PP en Burela, dende o
BNG, cualificamos estes seis meses como tempo perdido para Burela porque a xestión e o
traballo desenvolvido polo equipo de goberno pode resumirse en:
–
subir os impostos: a auga, os vehículos, o IBI…
–
cobrar por todo: por casar, por usar as instalacións deportivas e municipais, polos
cursos..
–
apagar as luces do pobo sumindo a Burela nunha escuridade incluso perigosa en certos
sitios
–
deixar sen apoio económico os clubs deportivos e enganalos, igual cás asociacións,
prometéndolles que si habería cartos para isto
E, iso si, queixarse e botarlles a culpa a outros (como é consigna do PP en todo o Estado
español) da falta de recursos económicos, unha cantinela que xa está cansando aos veciños e
veciñas de Burela que se preguntan, entón, para que están aí os tres membros do equipo de
goberno que van cobrar 100.000 € ao ano polo seu traballo. Porque o seu traballo, entre
outras cousas, é buscar recursos e ingresos para ofrecer obras e servizos aos seus concidadáns.
E isto é cero polo que se refire ao equipo de goberno do PP en Burela; proba disto son os
plenos bimensuais que non aportan ningún proxecto de futuro nin ningunha xestión nova.
E falando da cantinela das queixas, dicía hai uns días o Alcalde que o anterior equipo de
goberno inflara os ingresos nos orzamentos de 2011 e que, agora ao final do ano, había case
800.000 € menos de ingresos. Pero, coma sempre, o Alcalde quere enganar os veciños de
Burela e non dá toda a información. Non di que a Xunta de Galiza do PP deixou de
subvencionar en case 50.000 € o Plan Concertado de Servizos Sociais (e isto comunicouno ao
final de ano cando o gasto xa estaba feito). Non di que a Xunta de Galiza do PP comunicou
agora en xaneiro que non ía subvencionar os GRUMIRes que estiveron todo o ano pasado
traballando en Burela. Non di que a Xunta de Galiza do PP deixou de convocar este ano pasado
subvencións para deporte, cultura e servizos sociais coas que se contaba, como en anos
anteriores, para determinados servizos. En resumo, non di que unha grande parte destes
ingresos cos que se contaba non chegaron debido aos recortes de última hora da Xunta de
Galiza.
Pero, para explicarlles mellor aos veciños de Burela toda esta falacia do Alcalde sobre os
ingresos eu simplemente lles diría o seguinte: se o PP di que o anterior equipo de goberno
inflou en 800.000 € os ingresos do ano pasado, que temos que dicir dos orzamentos que o PP
fixo para este ano 2012 onde só hai unha diferenza de 200.000 € no capítulo de ingresos.
Quere isto dicir, entón, que o Alcalde e o seu equipo inflaron tamén en 600.000 € os ingresos
para este ano.
Esta é a política do PP: botarlles a culpa a outros e eles non facer nada.
Porque, á parte de apagar luces, deixar aos maiores tirados na rúa, recortar servizos,
deixar os clubs e asociacións sen cartos, subir impostos, poñer unha máquina para fichar o
persoal municipal que, en principio, vai custar 8.000 € e crear dúas prazas de auxiliar
administrativo innecesarias que van custar 30.000 €… que máis fixo o equipo de goberno do PP
en Burela? Nada de nada.
Porque para unha cousas hai cartos pero para outras non: non hai cartos para o deporte,
non hai cartos para luces, non hai cartos para nada… (esa é a excusa da súa ineficacia de
xestión), pero si hai cartos para as tres dedicacións exclusivas do equipo de goberno (100.000
€ ao ano), si hai cartos para dietas do Alcalde e concelleiros (pasaron máis de 2.000 € en dietas
no que vai de mandato) e si hai cartos para que o Alcalde pase dous días de turismo en Madrid
na feira Fitur. Iso si, o Alcalde di que conseguiu colocar o bonito de Burela no catering
dalgunha etapa da Volta Ciclista a España. Unha grande xestión dun grande impacto
económico… se chega a bo porto

















A interrupción do servizo está prevista entre as 8.00 e as 19.00 horas con motivo dos traballos de conexión á nova obra de saneamento que se está a executar na contorna. Trátase dunha intervención necesaria para avanzar na mellora das infraestruturas e dos servizos básicos na zona.
No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



