Nota de prensa:
Samuel Juárez manifestara durante a campaña municipal a súa implicación coa localidade e coa adecuación dos terreos da concentración
O PP local agradece que a Xunta cumpra co compromiso de arranxo das pistas parcelarias de Couboeira, Masma e Vilamor
A Consellería de Medio Rural e do Mar somete a información pública o proxecto de acondicionamento de predios nas parroquias de Mondoñedo
Mondoñedo, 2 de febreiro de 2012- A Consellería de Medio Rural e do Mar unha vez máis cumpre con Mondoñedo e cos seus veciños. No Diario Oficial de Galicia do 1 de febreiro anúnciase que a Administración autonómica somete a información pública o proxecto de acondicionamento dos predios nas parroquias de Couboeira, Masma e Vilamor.
O Partido Popular de Mondoñedo agradece que a Xunta de Galicia materialice o compromiso asumido durante a campaña polo exconselleiro de Medio Rural, Samuel Juárez, cos veciños mindonienses en relación coa adecuación das pistas e terreos da concentración parcelaria de Couboeira, Masma e Vilamor.
Esta resolución publicada no DOG concrétase tras varias reunións mantidas entre representantes do departamento da Xunta de Galicia e do PP local e, segundo resaltan dende o grupo local, levarase a cabo pese a redución orzamentaria que se está a poñer de manifesto na Xunta de Galicia.
A portavoz local, Elena Candia, asegura que o departamento que agora lidera Rosa Quintana tamén está a demostrar un claro compromiso coa concentración parcelaria da parroquia de Sasdónigas, unha das principais demandas manifestadas polos veciños da zona.















A artista manchega, coñecida pola súa mestura de raíz tradicional e sonoridades actuais, ofrecerá un directo íntimo e cheo de forza o sábado 20 de xuño ás 22:30 horas. Será unha noite para gozar da música con calma, entre amigos, nun ambiente próximo e acolledor, onde as cancións se comparten case como se fose unha conversa arredor dunha mesa. As entradas xa están dispoñibles en woutick!, polo que se recoméndase adquirilas con antelación para non quedar sen sitio nesta cita única.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



