A REFORMULACIÓN DO SISTEMA DE COTAS PESQUEIRAS
Desde a integración na UE o sector pesqueiro español réxese pola Política Pesqueira Común (PPC).
A actual Política Pesqueira Común foi aprobada por España en 2003 con Arias Cañete (PP) de Ministro
A UE distribúe as posibilidades de pesca nos seus caladoiros polo sistema de tacs e cotas aos países membros e para as diferentes especies; este reparto faise a finais de cada ano.
A UE está revisando a PPC e preténdeo facer en profundidade. A negociación está aberta e os acordos deben materializarse ao longo deste ano para que a reforma poida entrar en vigor no 2013. Trátase, fundamentalmente, de defender a sostibilidade biolóxica compatibilizándoa coa sostibilidade socioeconómica das poboacións fortemente dependentes da pesca.
Unha das características da Política Pesqueira Común (PPC) durante os últimos vinte anos foi a estabilidade das cotas asignadas aos distintos países no reparto das capturas admisibles. Esta cualidade é coñecida como Principio de Estabilidade Relativa (PER). “As posibilidades de pesca distribuiranse entre os Estados Membros de modo tal que se poida garantir a cada un deles a estabilidade relativa das actividades pesqueiras para cada poboación ou pesquería”. A aplicación deste principio como base da PPC tivo por obxecto o mantemento das actividades tradicionais da pesca en cada país, tratando de respectar as necesidades específicas das rexións particularmente dependentes do sector pesqueiro. En termos xerais, a Comunidade defende que o sistema de cotas sexa garante para cada Estado Membro e os seus dereitos históricos de pesca.
En torno a este tema, coas consecuencias que deriven para tacs e cotas, vedas, descartes, plans de recuperación, rendibilidade das flotas, loita contra a pesca ilegal, etc., van xirar as negociacións nas que España, como primeira potencia, debe ter algo que dicir.
Hai tempo que se pretende que a reforma do PER sexa adaptalo á realidade actual. Neste sentido hai un traballo publicado por Xosé María Da Rocha (Universidade de Vigo) e María Xosé Gutiérrez (Universidade do Pais Vasco) titulado La reforma del Principio de Estabilidade Relativa en la PPC. El caso del Caladero Norte de merluza. Neste traballo, pretenden analizar como variaría a situación do caladoiro no caso de que o PER non fora o principio sobre o que se fixan as cotas de reparto de pesca, e desenvolven un modelo de regulación das pesquerías no que os beneficiarios de cada país poidan ser valorados de maneira distinta. Este modelo, defende os intereses da flota galega na que se inclúe a de Burela.
O grupo municipal do PSdeG-PSOE de Burela sempre estivo, está e estará ao lado e na defensa do sector pesqueiro tanto de Burela como de Galicia. Este ano xogámonos moito nas negociacións da PPC e queremos o mellor para o sector xa que se este gaña, gañamos todos. Como é natural, nosoutros estamos a favor da revisión e modificación do principio de estabilidade para adaptalo ás necesidades da nosa flota.
Outra cousa é o que di o señor Barcia na súa valoración sobre unha moción que presentaron no pleno do 26 de xaneiro sobre a reformulación do PER.
Pedían nesa moción: apoiar á Xunta de Galicia na súa intención de elaborar un estudo xurídico e socioeconómico en relación coa incidencia no conxunto da flota pesqueira galega do mantemento da estabilidade relativa.
Esta é unha moción oficial do PP que se presenta sistematicamente en todos os concellos e deputacións e á que só se lle nota motivación propagandística para quedar ben co sector.
Como se pode levar a un concello ou deputación unha moción onde se pide apoiar unha intención de elaborar algo?. Se ten intención de elaborar, que elabore xa, que ademais é o seu deber. Outra cousa é o resultado dese estudo, que é sen dúbida o que podemos, ou non, apoiar.
Fiel ao seu estilo de tratar de confundir á opinión pública, o señor Barcia lanza a mensaxe de que se non votamos (a favor) a súa moción entón, e poñéndonos de costas, non apoiamos os intereses do sector pesqueiro de Burela. Hai que ser moi irresponsable para ter o valor de relacionar o resultado da súa moción co apoio do noso grupo ao sector pesqueiro e moi inocente para considerar a moción como vinculante para a mellora do sector.
Nosoutros en Burela abstivémonos na votación da moción, entre outras razóns, porque dita moción nos foi entregada uns segundos antes de entrar no pleno, o que demostra que o grupo popular recibira a moción pouco tempo antes. Que non confunda o señor Barcia aos veciños de Burela. Nosoutros apoiamos o sector pesqueiro, o que non apoiamos é o seu oportunismo político e falta de seriedade na entrega de documentos.
A revisión da PPC está en marcha. Agardamos, con toda sinceridade, que os responsables das negociacións acaden unha solución que dea estabilidade e crecemento ao sector pesqueiro.
Alfredo Llano García
















José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, polo de agora, 2 técnicos, 10 axentes, 15 brigadas, 16 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



