Nota de prensa
O BNG DE LOURENZÁ QUERE QUE A ACTIVIDADE DA CORPORACIÓN SEXA MAÍS TRASPARENTE
Lourenzá, 3 de febreiro de 2012. O BNG de Lourenzá mostra o seu total desacordo coa concelleira Émma Álvarez Chao e resalta o feito de que non deixe de incorrer en continuas contradicións no referente á actuación do concelleiro nacionalista César Docampo, pois na súa última intervención acusa ao concelleiro do BNG de non saber o que estaba a votar xa que a modificación do regulamento do servizo de atención no fogar reflectía xa o incremento da porcentaxe de taxas, para acto seguido recoñecer que ela mesma foi a que propuxo e facilitou a votación dos dous conceptos por separado, para acabar afirmando na mesma declaración que o concelleiro nacionalista César Docampo non votara a favor do incremento de taxas.
Chegados ate este ponto consideran os nacionalistas laurentinos que a actitude da concelleira do PP é de todo menos exemplar, posto que en diferentes reunións que mantivo co colectivo afectado polo servizo de axuda no fogar a concelleira manifestou a tódolos presentes que a modificación do regulamento fora aprobada integramente co apoio do BNG, e é neste ponto no cal a concelleira emprega a manipulación que a ela tanto lle gusta mencionar, e directamente obvia os datos que posteriormente se ve obrigada a recoñecer.
Critican tamén os nacionalistas que non se lles facilitara a documentación previa ao pleno e so se lle dera 30 minutos antes da celebración do mesmo, neste ponto o concelleiro e portavoz nacionalista César Docampo quixo resaltar “ Enviei a unha persoa con poder notarial a recoller a documentación con anterioridade e negáronlla, cando este tipo de documentación antes mesmo ma levaban a casa dalgún familiar, e na maioría dos concellos da Mariña é incluso entregada mediante correo electrónico aos concelleiros, agora néganme a documentación argumentando que non é regulamentario e so ma poden dar a min en persoa, ¿entón hai 6 meses si era regulamentario?. Con estas tácticas de escurantismo e opacidade practicadas dende o concello non van a calar a oposición do BNG, pois xa demostramos que con so 30 minutos de lectura somos capaces de interpretar calquera texto incluso mellor que outras persoas que con bastante máis tempo se adican a entorpecer a democracia, o dereito a información e mesmo dereito a libre expresión nos medios”.
Debido a todos estes feitos os nacionalistas decidiron presentar este venres no rexistro do concello unha serie de peticións que segundo eles van encamiñadas a favorecer a claridade dos procesos políticos do concello, así en primeiro lugar unha solicitude para que as actas de plenos e xuntas de goberno local se colguen na páxina web do concello ademais de no taboleiro de anuncios para así posibilitar que os colectivos de veciños que non teñan acceso ao concello en horario de oficina as podan ler. En segundo lugar rexistran tamén unha petición para que se cambie o horario dos plenos tanto ordinarios como extraordinarios, actualmente as 12:30 AM e se pase para as tardes o cal posibilitaría unha maior afluencia de público que agora non pode asistir por motivos laborais.
No tocante a outros temas actuais no concello, o BNG de Lourenzá solicitou a comparecencia persoal da concelleira e parlamentaria dona Émma Álvarez Chao no próximo pleno como asinante do acordo da comisión 5ª; Sanidade, Política Social e Emprego do 28/12/2011 para que explique publicamente ao resto da corporación os contidos e prazos de dito acordo pois considera o BNG laurentino que dito documento non é máis que un acordo de mínimos que non reflicte as necesidades reais do concello, neste ponto o portavoz nacionalista César Docampo argumentou “ pedimos a comparecencia no pleno da señora Álvarez para que nos explique os contidos e prazos das actuacións contempladas no acordo acadado no parlamento de Galiza pois o certo é, que o texto é moi xenérico,o cal nos fai desconfiar de que so se trate dunha declaración de boas intencións que corre o risco de quedarse en papel mollado. Dende o BNG de Lourenzá consideramos que ante problemas concretos que se están a espallar rapidamente polo noso concello precisamos de medidas concretas e con prazos de execución curtos e non só de declaracións de boas intencións dende o atril do parlamento de Galiza”.
Para máis información chamar a Cesar Docampo 653-29-22-27
Cesar Docampo Fernández




















Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



