Nota de prensa
Unha parte da infraestrutura veuse abaixo no mes de maio
O PP local denuncia a despreocupación constante do goberno mindoniense que leva máis de medio ano sen arranxar unha ponte en Figueiras
• Membros do grupo local menten continuamente ao asegurar que adecuarán a ponte en breve
• A ponte permite a comunicación entre a estrada principal da parroquia de Figueiras e unha vivenda familiar
• O paso de coches e tractores provoca que cada vez sexa máis o terreo que se derruba incrementando o perigo
Mondoñedo, 2 de febreiro de 2012- O Partido Popular de Mondoñedo denuncia o desleixo constante do goberno local. Esta afirmación dos populares evidenciase unha vez máis a través de exemplos concretos, que mostran a despreocupación que as demandas veciñais supoñen para o bipartito. O goberno municipal leva máis de medio ano sen arranxar unha ponte na parroquia de Figueiras, única pista de comunicación entre unha vivenda familiar e a estrada principal da aldea.
No pasado mes de maio parte do terreo xunto cun muro da marxe dereita da ponte veuse abaixo o que está a ocasionar dificultades na circulación dos coches e tractores, que se ven na obriga de cruzar con precaución e sempre pegados a marxe esquerda. Esta situación da infraestrutura supón un importante perigo para os que se ven obrigados a circular todos os días pola ponte xa que co paso do tempo cada vez é máis o terreo que se derruba.
Os afectados solicitaron en varias ocasións a adecuación da infraestruturas, obtendo sempre unha resposta positiva por parte do bipartito pero que incumpren continuamente e que co paso dos meses non se materializa. O único que fixo ata o momento o Concello foi colocar dúas vallas que sinalan a perigosidade do lugar, que co paso do tempo se acrecenta.




















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



