SEGUNDA CARTA A ANTONIO VEIGA OUTEIRO
Cronista Oficial de Foz
Estimado amigo: O día 6.4.11, por este medio, dirixinche escrito a propósito dunhas manifestacións túas, en canto que Delegado de Cultura da Deputación, polas que dabas conta de distintos aspectos do voso traballo a prol da recuperación de vellos valores da cultura popular, polo que amosaba a miña ledicia e expresaba os meus parabéns, ao tempo que lembraba a existencia dunha grave agresión ao que é un dos mais importantes monumentos da comarca: San Martiño de Mondoñedo, e cuxa reparación non require maior dispendio. Vai para un ano e a miña carta non tivo resposta algunha e polo tanto ignoro o que pensas ó respecto. Un, que se recoñece home de poucas luces, confesa que non lle resulta doado entender o que os políticos queren decir cando, sen rubor, falan de democracia, de diálogo e de transparencia, verbas que a cotío teñen nos beizos. De tódolos xeitos non pensaba volver sobre o tema, se non fora que hai uns días souben dunha importante iniciativa da Fundación Santa María la Real de Aguilar de Campo (Palencia) e o Ministerio de Educación e Cultura, consistente na catalogación de tódolos monumentos románicos, entre os que se atopa San Martiño. O traballo é o mais importante realizado sobre o románico en Galicia, e consiste en fotografíar, describir e levantar estudos planimétricos dos monumentos definidos como románicos. Servirá ademais para desbotar os elementos de filiación discutible e incorporar outros nos que a influencia románica pasou desapercibida Trátase ,‘polo tanto, dunha actuación importante co fin de esclarecer a autenticidade histórica e artística dos diversos monumentos e contar cun directorio fidedigno, unha vez depurados de elementos que lles son alleos.
¿Qué pensarán de nós, cando estes técnicos e expertos, en San Martiño observen a barbarie cometida contra un monumento nacional, mais que milenario, “exemplar único do pre-románico galego”, declarado BIC, berce da diócesis de Mondoñedo, ex-catedral mais antiga que na península se mantén en pé, cuxas vellas pedras, en palabras de Alvaro Cunqueiro “parecen labradas por mans imposibles” e que pouco hai Benedicto XVI a declarou basílica?
¿Qué pensarán das nosas autoridades, que teñen a obriga moral- e legal, – de protexer, defender de posibles agresións o patrimonio cultural, material e inmaterial, e de velar pola súa conservación e integridade, cando os responsabeis provinciais, coa anuencia dos munícipes, foron executores e defensores, respectivamente, de tal desfeita?.
¿Sentirán vergoña ante a evidencia de tan bárbara actuación?
Hai uns días referíaste ó empeño en atraer visitantes á Mariña fora de època; é decir, a “desestacionalización do turismo” da que os políticos- de tódalas cores- veñen falando dende hai anos, (“A Mariña y el Occidente astur se unen para la desestacionalización turística “ (12.2.05), sen nunca facer algo por ela. Pois ben, supoño que nese hipotético programa de actuacións terá papel preponderante a cultura, nas diversas manifestacións, como atractivo turístico, da que os distintos monumentos espallados pola bisbarra son primeirísimo motivo de reclamo, para o que deben ofrecer unha presencia digna.
Pode que algún día estas dúbidas teñan resposta; a que sexa. A fin de contas trátase tan só de algo ben sinxelo, de elemental cortesía.. Cordialmente, Suso Fernández

FOTO: a agresión ó monumento reflictea ben a foto coa obra dos retretes construídos a carón seu.



















Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



