Nota de prensa
![]()
Brilantes resultados os conseguidos polo combinado alevin da Selección A Mariña de Fútbol Sala na Fase Final do Campionato Galego de Seleccións Locais que se disputou na localidade de Carballiño, logrando o subcampionato na súa categoría.
Comezou a mañá ben para os mariñáns xa que o conxunto dirixido por Francisco Vázquez Beltrán, conseguía derrotar á selección de Lugo Sur por 6 goles a 2, nunha semifinal onde os mariñáns amosaron todo o seu poderío e superioridade física. Os goles foron obra de Fran Fiallega Fernández do ED Pontenova con dous goles e Luka Eijo Geada, Álex Esquerdeiro e Néstor Valle, ámbolos tres pertencentes ao CD Burela Fs, con cadanseu gol e pecharía a conta anotadora Jorge Insúa Candia do AD Praia de Covas.
Ás 17:30h, no Pavillón Paco Chao, daba comezo a final do campionato contra a Selección de Cambre. Nesta ocasión, os rapaces do combinado mariñán non puideron rematar a faena a pesar de poñerse por diante no marcador con dous goles de vantaxe. Unha desastrosa labor arbitral acabou por sacar do encontro aos rapaces mariñáns e acabaron perdendo por 3-2 contra un rival que se aproveitou ao máximo as ocasións das que dispuxo. Os goles mariñáns foron obra de Fran Fiallega Fernández do ED Pontenova.





















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
