Nota de prensa
Balseiro Orol sinala que é doado comprobar no visor disposto pola Consellería de Medio Rural e Mar a posibilidade da inclusión do polígono industrial de Cervo dentro das áreas susceptibles para dispoñer, no futuro, da instalación de granxas acuícolas
O PLAN ACUICOLA DA XUNTA CONTEMPLA O POLÍGONO DE CUIÑA EN CERVO E MÁIS DE 150.000 METROS CADRADOS DE TERREOS NOS ARREDORES PARA DESENVOLVER NOVOS PROXECTOS ACUÍCOLAS
O deputado popular salienta a importancia desta decisión que permitirá xerar novos postos de traballo tal e como aconteceu, no seu día, coa posta en marcha das piscifactorias alí situadas
O Goberno do PP corrixe con esta posibilidade a decisión da anterior Executivo bipartito que deixou fora ao polígono de Cuiña do Plan de Acuicultura e pon en evidencia a PSOE e BNG que en 2007 votaron en contra dunha iniciativa de Balseiro reclamando que Cervo puidera acoller novas piscifactorías
Cervo, 10 de febreiro de 2012.- O novo Plan de Acuicultura do Litoral que vén de aprobarse inicialmente no día de onte polo Consello da Xunta contempla os terreos dispoñibles do polígono industrial de Cuiña e máis de 150.000 metros cadrados de terreos contiguos para desenvolver novos proxectos acuícolas.
O voceiro do Mar do Grupo Popular, Jose Manuel Balseiro, -que tamén é Tenente de Alcalde desta localidade- sinala que é doado comprobar no visor disposto pola Consellería de Medio Rural e Mar a posibilidade de dispor desta zona industrial de Cuiña, en Cervo, dentro dos emprazamentos autorizados dentro do nivel 1 e 2 do novo plan acuícola, o que permitirá situar de inmediato a instalación de novas granxas acuícolas cumprindo unha xeira de parámetros de avaliación ambiental e integración paisaxística.
O Goberno do Partido Popular corrixe con esta posibilidade unha decisión do anterior Executivo bipartito que deixou fóra ao Polígono de Cuiña do Plan de Acuicultura que no seu día foi aprobado. Ao mesmo tempo pon en evidencia a socialistas e nacionalistas que en decembro do ano 2007 votaban en contra dunha iniciativa parlamentaria promovida polo propio Jose Manuel Balseiro reclamando que Cervo puidera acoller novas piscifactorías.
Tamén en xaneiro de 2008 socialistas e nacionalistas votaron en contra dunha moción presentada polo PP no Pleno Municipal de Cervo na que se instaba á inclusión do polígono de Cuiña no Plan Galego de Acuicultura tras a exclusión que fixo o bipartito.
MÁIS OPORTUNIDADES LABORAIS
O deputado popular salienta a importancia da decisión adoptada polo Executivo que preside Alberto Núñez Feijóo, e subliña que permitirá xerar novas oportunidades laborais e un bo número de novos postos de traballo tal e como aconteceu no seu día coa apertura das piscifactorias que están xa plenamente operativas e instaladas nesta zona industrial cervense.
O emprazamento escollido debe sempre foi unha zona ideal para albergar futuras plantas acuícolas xa que o polígono industria está situado preto do mar, o que garante a rendibilidade das futuras piscifactorias ao ter menos gastos na captación de auga mariña, e ten unha excelente calidade biolóxica nas súas augas, factores todos eles positivos económica e ambientalmente.
Deste xeito Cervo poderá continuar sendo municipio que máis empresas de acuicultura e transformación do peixe ten asentadas na Mariña lucense posto que, na actualidade, xa conta coas factorías de Acuidoro, Alrogal e Frigomar en plena operatividade. Balseiro traduce estas novas oportunidades empresariais desde o punto de vista do pulo que suporán para a creación de riqueza e emprego, algo especialmente acaído nos tempos que corren.



















Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).



