Resulta paradóxico, por non dicir patético, que as vítimas do franquismo só conseguisen falar ante un tribunal como efecto colateral da denuncia dun grupo fascista contra o xuíz que decidira escoitalos.
Ao lograron ser escoitados. Non o contaron todo, nuns minutos non cabe unha vida, pero puxeron unha pinga de memoria nos telexornais e nas primeiras planas de todos os xornais.
Outro efecto colateral do xuízo contra Garzón pola causa do franquismo é o internacional. Os medios de comunicación máis influentes seguiron o xuízo, incrédulos ante o feito de que en España se xulgue ao xuíz e non os crimes.
Esta é a parte boa do malo: que o xuíz sexa o xulgado serviu de altofalante aos relatos das familias dos desaparecidos. O tiro pola culata.
Mirade como ven esta historia de pandereta e charanga da España mais cutre por aí fora:
O ‘New York Times’: “Procesar a Garzón é unha ofensa á xustiza e á historia”
A verdade a xuízo en España. Así se titula o editorial que o prestixioso diario estadounidense The New York Times publica hoxe en defensa do xuíz Baltasar Garzón. “España é agora unha democracia viva, pero o xuízo contra Baltasar Garzón iniciado a pasada semana [o da memoria histórica] é un preocupante eco do pensamento totalitario da era de Franco”, asegura a cabeceira para quen o xuíz estaba amparado polo dereito internacional cando estableceu que ante crimes contra a humanidade non podían aplicarse leis de amnistía. “Miles de fosas seguen pechadas”, lembra o diario.
Para The New York Times, o Tribunal Supremo “nunca debeu aceptar este caso”, aberto, lembran, tras a denuncia de “dous grupos de extrema dereita”.
O diario chama tamén a atención sobre o feito de que en España, “onde os procesos contra maxistrados son pouco frecuentes”, un só xuíz teña tres causas abertas, o que “podería frear a independencia xudicial”.
“O xuíz Garzón fíxose famoso polos seus procesos contra os terroristas vascos, torturadores arxentinos, o ditador chileno Augusto Pinochet e políticos españois. Os seus poderosos inimigos agora ven a oportunidade de acabar coa súa carreira. O xuíz Garzón é ás veces innegablemente ambicioso, pero procesarlle por escavar nos crimes da era franquista é unha ofensa á xustiza e á historia. O Tribunal Supremo debe absolverlle”, conclúe o xornal.
E xa a media semana empeza a reacción a o xuíz Garzón defenéstrano polo xuízo das escoitas ilegais e sácano da xudicatura, país do carallo, a un só lle queda dicir que está a preferir terse que ver cos delincuentes antes que con esta tropa de xentiña que chaman xuíces.
Otero Regal


















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



