SANTIAGO.- Segundo informa ADEGA, Tribunal Europeo de Xustiza de Luxemburgo ven dar a razón ás organizacións ambientalistas e cidadás na súa loita contra cultivos transxénicos e polo dereito á información. ADEGA denunciou reiteradamente a opacidade, permisividade e escandalosa complicidade do estado español co lobby dos transxénicos, que establece atrancos á cidadanía para acceso á información sobre os “ensaios de liberación”. Até o de agora, algúns estados negábanse a facer pública a ubicación das parcelas experimentais nas que as transnacionais dos OMXs “ensaiaban” os seus produtos, alegando que se “lesionaría a intimidade” das empresas e dos propietarios/as das terras. Resulta irónico que se vulnerara sistematicamente o dereito á información e o Principio de Precaución, atendendo máis aos intereses privados das compañías que ao interese público de coñecer a localización duns produtos cuxa perigosidade ten sido repetidamente demostrada por numerosos estudos, denunciada por unha parte importante da comunidade científica e mesmo recoñecida por algúns países.
Dende ADEGA agardamos logo que o Ministerio de Medio Ambiente, Rural e Mariño de quen depende a autorización para os ensaios dos novos “monstruiños” biotecnolóxicos nas nosas terras, acate a sentenza do Tribunal de Luxemburgo e cumprimente as reiteradas peticións de ADEGA sobre a localización exacta dos campos de experimentación en Galiza. As últimas peticións de ensaios por parte das empresas “fabricantes” de transxénicos localízanse nos concellos de Arzúa, Santa Uxía de Ribeira, Mesía, Vilalba e Chantada. Convidamos á veciñanza destes concellos, asociacións e cidadanía en xeral a enviar masivamente novas solicitudes de información: temos dereito a saber onde e que se quere prantar na nosa terra para non ficar inermes fronte aos risco destes ensaios.
Ligazón á solicitude:
http://www.adega.info/files/Transxenicos/Solicitude%20informacion%20TRANSX.doc
Por outra banda, ADEGA ven de asinar e aderirse á Declaración Estatal contra os Transxénicos que se fai pública este mércores 18, xunto coas principais organizacións ecoloxistas do estado, investigadores/as e docentes, para esixir democracia, precaución e respecto poa saúde e polo medio ambiente fronte aos organismos modificados xeneticamente (OMXs).
Ligazón á Declaración:
http://www.greenpeace.org/raw/content/espana/reports/declaraci-n-de-personalidades.pdf
Lista de asinantes:
http://www.greenpeace.org/raw/content/espana/reports/lista-de-firmantes-de-la-decla.pdf

























O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web 



