Nota de prenasa
Trinta técnicos municipais da provincia participan na xornada formativa sobre a EDAR de Lugo organizada pola Deputación
– Sonsoles López subliñou o interese da infraestrutura para estes profesionais por ser “punteira e modélica en Galicia pola obra civil realizada e pola súa avanzada tecnoloxía”
– A xornada completouse cunha conferencia sobre os valores biolóxicos do Complexo Húmido Terra Chá e das Reservas da Biosfera
Trinta técnicos de Concellos da provincia participaron este xoves na xornada formativa organizada pola Deputación de Lugo para mostrar a estes profesionais in situ as características e funcionamento da EDAR da capital lucense debido ó interese desta infraestrutura por ser “punteira e modélica a nivel galego, tanto pola obra civil realizada, como pola súa avanzada tecnoloxía”, explicou a Deputada de Medio Ambiente, Sonsoles López Izquierdo. De feito, o proxecto da Estación Depuradora de Augas Residuais lucense foi distinguida polos Premios San Telmo de 2011 por ser a mellor obra civil terminada nese ano na comunidade autónoma. Os Premios San Telmo convócaos o Colexio de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos de Galicia para premiar a integración medioambiental das obras realizadas na comunidade e a súa influencia na mellora da calidade de vida dos galegos.
A delegada da empresa Gestagua en Galicia, Mercedes del Pino Fernández, foi quen falou ós asistentes sobre a EDAR de Lugo nunha visita guiada ás instalacións, mentres que Luis Abia, xerente de Enxeñaría Ambiental de Novotec, unha das consultoras máis prestixiosas de España, explicoulles as alternativas tecnolóxicas na depuración de augas residuais.
A xornada formativa para técnicos municipais complementouse cunha conferencia sobre os valores biolóxicos do Complexo Húmido Terra Chá e das Reservas da Biosfera da provincia, que ofreceu Jesús Domínguez Conde, técnico do Órgano Xestor da Reserva Terras do Miño e profesor titular de Zooloxía na Universidade de Santiago, e que tivo lugar na Capela de Santa María, onde precisamente está aberta unha exposición sobre as 40 Reservas da Biosfera recoñecidas pola UNESCO en España. Esta mostra poderá visitarse ata o 28 de febreiro, de luns a venres, en horario de 10:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00; os sábados, de 17:00 a 20:00, e domingos e festivos, de 11:00 a 14:00 horas
Convenio co Ministerio de Medio Ambiente
A actividade que tivo lugar hoxe forma parte do plan de actuación para impulsalo desenvolvemento sostible das Reservas da Biosfera Terras do Miño e Os Ancares Lucenses que desenvolve a Deputación ó abeiro dun convenio asinado co Ministerio de Medio Ambiente. Os obxectivos do proxecto, dotado con 1 millón de euros, son os seguintes:
– Por unha banda, difundir entre a cidadanía en xeral e entre os profesionais dos sectores vinculados a todo o que ten que ver co medio ambiente, en particular, as características e recursos das Reservas da Biosfera para garantir a conservación, xestión sostible e posta en valor do patrimonio natural.
– Doutro lado, favorecer a xeración de emprego e fixar poboación a través de dúas vías: impulsando as actividades relacionadas co medio ambiente como unha alternativa económica de futuro na provincia e abrindo novas posibilidades ó medio rural e ó sector agrogandeiro, propoñéndolles mecanismos para reducir custes e diversificar a súa actividade.






















A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.



