Nota de prensa:
O GRUPO MUNICIPAL DO PARTIDO POPULAR PRESNTOULLE Ó ALCADE DE RIBADEO UNHA PROPOSTA DE ACTUACIÓNS A INCLUIR DENTRO DO P.E.I.M. RURAL
O PEIM Rural 2009/2010 é un plan para o desenvolvemento de Proxectos Estratéxicos de Infraestruturas no Medio Rural financiado nunha terceira parte pola Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia e nas dúas terceiras partes restantes polo Ministerio do ramo.
Os obxectivos do PEIM Rural son a dinamización da base produtiva do medio rural, co obxectivo de dignificar e mellorar a calidade de vida da poboación que reside nestas zonas e contribuír a fixar poboación, que, á súa vez, teñen unha incidencia relevante no desenvolvemento das zonas rurais.
O Partido Popular de Ribadeo é consciente das deficiencias que persisten na zona rural do noso concello e de que urxe a adopción dunha política intensiva en materia de infraestruturas necesaria para a dotación, conservación e mellora dos servizos básicos elementais, especificamente camiños agrícolas e pistas rurais. Tamén somos coñecedores do importante esforzo económico que estas medidas supoñen para as debilitadísimas arcas municipais e da necesaria conciliación destas con outras de carácter social e de impulso á reactivación económica.
É por todo o anterior que vemos nesta iniciativa financiada por completo polas administracións autonómica e estatal unha magnífica oportunidade de acometer estas accións tan necesarias para a economía da zona rural e para a procura da igualdade social dos habitantes das nosas parroquias.
Á vista de que a cantidade que corresponde ó concello de Ribadeo segundo foi feito público polo Ministerio é de aproximadamente uns 72.000 Euros, o Grupo Municipal do Partido Popular, previa unha minuciosa análise da situación da rede viaria municipal e das necesidades que presentan as infraestruturas da zona rural,
PROPÓN
Ó equipo de goberno do Concello de Ribadeo que se inclúan nas actuacións a acometer coa financiación do PEIM Rural as seguintes:
Asfaltado da pista que vai dende a segunda cetaria á carretera da Lagoa, vía fundamental na comunicación entre as parroquias de Rinlo e A Devesa e que actualmente está en terra con unha mínima capa de zahorra.
Bacheo da pista que vai de Lexoso a Os Chaos en Villamariz, que se atopa nun estado lamentable tras se-la vía de comunicación que absorveu todo o tráfico, incluído o tráfico pesado de camións de recollida de leite a diario, camións de madeira, etc durante máis de un ano, tempo no que estivo pechada ó tráfico a ponte de Arante.
Arranxo dunha tajea e cuneta en formigón na pista que vai da igrexa a Os Casares en Couxela pois esta vía estase atoando a cotío debido ás labores agrícolas que se realizan nas súas inmediacións.
Bacheo asfáltico en pista na estación de FEVE de Rinlo que se atopa en un estado lamentable.
Esta proposta foi presentada na mañá de hoxe no rexistro do concello, habida conta de que, dende o mes de Decembro en que o Ministerio liberou a cantidade correspondente ás actuacións a desenvolver nesta anualidade de 2.012, o Alcalde non se ten posto en contacto co resto de grupos municipais para consensuar as mesmas en aras de esa “man tendida” da que fai gala. Os concelleiros do PP fixemos, co apoio de veciños ou asociacións, un percorrido pola rede viaria rural a fin de detectar as deficiencias que poidan ser máis perentorias. A situación dos camiños e pistas do concello é, en xeral, moi mellorable pero entre as múltiples necesidades escollemos aquelas que se atopan nunha peor situación elaborando esta proposta que podemos acompañar co correspondente orzamento de cada unha das actuacións que se corresponde coa cantidade asignada no PEIM Rural ó noso concello.
Desde o Grupo Municipal do PP desexamos que o alcalde e o seu equipo de goberno tomen en consideración este traballo serio e minucioso e acometan estas actuacións, ou, cando menos, parte delas con estes fondos que lle achegan o Ministerio e a Consellería do Medio Rural.





















O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será na Igrexa de Santa María ás 20:30 h. Debido ao aforo limitado e ao cumprimento da normativa vixente, editaranse entradas que se repartirán no acceso da igrexa o propio día do concerto, onde tamén se realizará o control de acceso.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



